Por Galicia Confidencial | Tui | 21/12/2018 | Actualizada ás 11:33
Adif licitou a execución do proxecto construtivo de electrificación do tramo Guillarei-Tui, na provincia de Pontevedra, por uns 2,34 millóns de euros.
A electrificación deste tramo, de 5 quilómetros de lonxitude, enmárcase dentro dos acordos bilaterais entre España e Portugal para a mellora dos servizos ferroviarios transfronteirizos.
O contrato, segundo especifica Adif, inclúe a instalación do sistema completo de liña aérea de contacto (catenaria) a 3 kV desde o triángulo de Guillarei até o límite anterior á ponte internacional sobre o río Miño, que fai fronteira con Portugal. Tamén contempla a electrificación da estación de Tui, nas súas vías 1, 2 e 4.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.