A Xunta responde que solicitou informes para declarar a contorna da Torre de Hércules Espazo Natural

Sobre a petición de celeridade nos trámites desde o consistorio coruñés, a Consellería de Medio Ambiente nega que o goberno local leve esperando "ano e medio".

Por E.P. | A CORUÑA | 03/01/2019 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente replicou ao Concello da Coruña que está en fase de solicitude de informes para que a contorna da Torre de Hércules poida ser declarado Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Torre de Hércules. Europa Press - Arquivo
Torre de Hércules. Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Despois de que a concelleira de Medio Ambiente no consistorio coruñés, María García, instase este xoves á Xunta a acelerar os trámites, desde a Consellería de Medio Ambiente negaron que o goberno local leve esperando "ano e medio" como afirmou a edil. "Por canle oficial non nos chegou a solicitude ata novembro de 2017", explicaron  desde o departamento autonómico. Ademais, dixeron que entón lle comunicaron ao goberno local a "ausencia dunha memoria técnica" na solicitude realizada.

Por outra banda, indicaron que "no momento actual" están en fase de solicitudes de informes. En concreto, precisaron que "falta un" que, neste caso, non lle corresponde facilitar ao concello herculino. Del, dixeron que é "o último trámite" para poder someter a exposición pública esta cuestión de face á declaración provisional da ENIL.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta