Nova polémica polos campionatos de caza de raposos de Muros e Carnota

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber reclaman un dispositivo de vixilancia e a Asociación Monte Pindo Parque Natural rexeita a convocatoria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2019 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Nova polémica polos campionatos de caza de raposo. A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber solicitaron á Consellería de Medio Ambiente que organice un dispositivo de vixilancia presencial do corpo de axentes ambientais de Galicia no próximo campionato de raposos que terá lugar en Muros e Carnota. Un evento que tamén rexeita a Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Raposo. UNIVERSIDAD DE OVIEDO - Archivo
Raposo. UNIVERSIDAD DE OVIEDO - Archivo

As dúas organizacións expuxeron formalmente este xoves esta petición logo das "infraccións" que aseguran que se produciron nos campionatos realizados o 12 de xaneiro nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Os colectivos animalistas afirman que se documentou a presenza de cazadores sen pezas de alta visibilidade, obrigatorias nas batidas de raposos, vehículos cortando vías de tránsito rodado, remolques sen advertencia de transporte de animais, "sen contar coas ameazas que sufriron as persoas que protestaron pacificamente".

Ambas as organizacións sinalan que os axentes ambientais están "especializados en labores de supervisión e investigación de posibles infraccións ambientais, tamén relacionadas coa caza", e de forma habitual realizan inspeccións a cuadrillas en temas coa identificacióin obrigatoria de cans, revisión de armas e dos cotos.

FFW e Libera! fixeron referencia tamén ao rexeitamento institucional á convocatoria que mostraron os gobernos locais de ambos os municipios que "evidencia que estas competicións disfrazadas de deporte", e que definen como "pseudocampeonatos para masacrar raposos", teñen "os días contados en Galicia".

Por este motivo, demandan da Xunta que cumpra o acordo parlamentario de marzo de 2018 no que se lle instaba a non colaborar nin apoiar esta clase de macrobatidas. De forma paralela os colectivos critican á Consellería de Medio Ambiente que dirixe Ángeles Vázquez por "non recordar" á Federación Galega de Caza que estas convocatorias se tratan como "competicións oficiais" e xa que logo deberían ser difundidas nos seus propios medios corporativos ao tratarse dunha actividade de risco para o conxunto da cidadanía.

MÁIS CRÍTICAS

Tamén a Asociación Monte Pindo Parque Natural quere posicionarse claramente en contra dunha iniciativa que, di, "atenta contra a lóxica da conservación dun conxunto natural" cuberto por varias figuras de protección e que "non evitan que se poida desenvolver a masacre indiscriminada das especies naturais que alberga". Asi mesmo cuestiona tanto a forma coma o fondo da actividade, "inxustificada desde ningún punto de vista, e que mesmo podería incurrir en varias infraccións da lexislación vixente".

Esta entidade destaca que destrozar a poboación dunha especie de fauna de nulo interese cinexético "por puro divertimento ou deporte é absolutamente inadmisíbel e máis nunha sociedade avanzada". ·Por outra parte aínda que tentemos empatizar cos cazadores ou entender o seu punto de vista, é evidente que este tipo de actividades pouco teñen que ver co concepto tradicional da caza que se desenvolvía co obxecto da subsistencia nos entornos rurais", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 xAN DO cAN

y por qué no se dedican a cazar pailanes que abundan más?

1 xAn do jAto

porque suicidarse é un feito legalmente punible