20 anos golpeando contra “Outro Mundo é posible”

O analista internacional Laudelino Pellitero, experto en América Latina, onde ten coordenado múltiples encontros internacionais, destaca neste artigo a historia recente de Latinoamerica e os seus golpes de estado en Venezuela, Honduras, Paraguai, Curaçao, Brasil, Bolivia, Ecuador, Guatemala ou Nicaragua, entre outros.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 07/02/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Catro “Golpes de Estado” consumados, outros media ducia neutralizados,  dúas destitucións xudiciais-parlamentarias, 7 cancros e un derrame cerebral, dúas inhabilitacións xudiciais para ser candidatos, unha orde de captura na Interpol...

Grupo especial da policia militar do Brasil
Grupo especial da policia militar do Brasil | Fonte: brasilinfo.net

Nos 90, Latinoamérica vivía a resaca do éxtases neoliberal no que Carlos Menem fora coroado coma rei do modelo polo FM. Rematada a década, redactouse, un 28 de xaneiro de 2001, o “Compromiso de Porto Alegre”, Brasil, que levaba por lema “ Outro mundo é posible”. 

Tratabase dun variopinto movemento de análise composto por activistas sociais, sociólogos, profesores, líderes de movementos indíxenas, políticos...., chamado o “Foro de Sao Paulo”.  Un think tank, (laboratorio de ideas) que Trataba de analizar o neoliberalismo rexional,  procurar argumentos, tabular en sintetizar datos económicos sobre causas do incremento da pobreza e da concentración da riqueza continental. 

Desa amalgama de movementos sociais, saíron gobernos moi dispares, unidos por  un nexo que procuraba acabar cos efectos perniciosos( pobreza ou inequidade) do neoliberalismo. O primeiro en chegar a un palacio de goberno mediante eleccións multipardidarias foi Hugo Chávez (1999). O último Lòpez Obrador (2019), no medio, a inmensa maioría dos países latinoamericanos,

Durante estes últimos 20 anos, un ronsel de mazazos teñen feito abanear os seus gobernos de cambio: 5 golpes de estado consumados Venezuela (Hugo Chávez,2002, durou 2 días), Honduras ( Manuel Zelaya,2009), Paraguai (Fernándo Lugo.2012) , Curaçao (2012) e Brasil ( Dilma Rousseff ,2016).

Neutralizados os de, Bolivia ( Masacre de El Porvenir, e tentativa de secesión dos perfectos dos departamentos non indíxenas da Media Lúa,2008), Ecuador (motín policial e disparos contra Rafael Correa 2010), Guatelama ( Autoasesinado de Rosemberg, 2010) Venezuela (“Operación Salida” de Leopoldo López, 2014), Nicaragua (reforma seguridade social, 2018)...

Algúns dos actores negan de que fosen realmente intentos de Golpes de Estado,  enmárcanos en crises ventureiras e puntuais,  pero todos teñen unha característica común: durante as crises as altas clases sociais e sectores económicos máis poderosos saíron as rúas,  publicaron editoriais, emitiron comunicados, esixindo como única saída da crise: a dimisión inmediata dos presidentes electos democraticamente, antes do fin dos mandatos populares previstos nas constitucións.

Unha estratexia usurpadora do poder democrático ven de incorporarse nos últimos anos: Trátase da vía xudicial, pola que se exclúen da contenda,  a candidatos que están en disposición de acadar o respaldo popular  maioritario nos procesos electorais. Xa sexa mediante acusacións infundadas en inconsistentes, coma no caso de Lula da Silva ou Rafael Correa, ou mediante unha escrupulosidade legal que non se aplica coa mesma intensidade a todo o arco parlamentario, coma no caso de Cristina Fernandez de Kirchner, ou no financiamento ilegal do PT.

Durante un bienio negro, desde 2009 a 2011, unha epidemia de cancros presidenciais, sorprendentes dende o punto do calculo de posibilidades, estendeuse por Sudamérica.

Dilma Rousseff  foi a primeira a que lle foi diagnosticado con cancro linfático en abril de 2009. Un ano máis tarde sería Fernando Lugo,  Presidente de Paraguai. O seguinte, que caería enfermo dun diagnóstico moi semellante, que acabaría coa súa vida, foi Hugo Chávez,. Tamén pasou por quimioterapia, nese mesmo ano, Luiz Inácio Lula Da Silva ou  Cristina Fernández de Kirchner.Racha negra na saúde cos líderes dos gobernos do cambio, á que podería engadirse a morte  prematura aos 60 anos de Néstor Kirchner por unha crise coronaria, neste mesmo período.

Moitos son os golpes que os construtores doutros mundos posibles levan encaixado nestas dúas décadas. A maioría en precaridade de forzas durante a contenda. 

No futuro deberán articular escudos que garantan a pelexa política en igualdade de oportunidades (mediatica, xudicial…). Excluír da vida democrática aos axentes queiran retorcer a democracia con financiamento ilegal,  aos que estrangulen a liberdade de mercado con posicións monopolísticas, aqueles que fagan da mentira unha arma política, aos que non respecten as diferenzas ideolóxicas, raciais, conciencia, etc. Os que chuchan dos recursos públicos en beneficio particular.

Vinte anos, son poucos na historia de Latinoamerica, pero son suficientes para asegurar que na contenda política por vías democráticas, non existe igualdade de oportunidades. 

************************************************

Laudelino Pellitero naceu no ano 1958. É analista internacional. Experto en América Latina, onde ten coordenado múltiples encontros internacionais. Coautor de diferentes libros coma: O Conflito dos Balcáns, Cuba: independencia e Revolución, Rusia: das orixes á crise dun modelo, Homenaxes á Lois Tobío, Europa-Europa... Ten colaborado en A Nosa Terra, A Voz de Galicia, Faro de Vigo, Galegos ou Tempos Novos. Foi Coordenador Editorial de Tempo Exterior. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta