Case 600 persoas beneficiadas na Coruña dentro das accións formativas da Unidade de Asesoramento ás Migracións

Desde o Concello sinala que o obxectivo é contribuir a incorporarse ao mercado laboral das persoas migrantes das que moitas están en desvantaxe.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/02/2019 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Máis de 570 persoas beneficiáronse o ano pasado na Coruña das accións formativas da Unidade de Asesoramento ás Migracións (UAMI), segundo datos do consistorio coruñés. Estas accións buscaron fomentar a inserción socio-laboral do colectivo inmigrante.

O alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presidiron este mércores a entrega de diplomas deste servizo municipal, onde destacaron o papel da Coruña como "cidade acolledora".

No acto, a concelleira Rocío Fraga indicou que o obxectivo é "contribuír á incorporación ao mercado laboral" destas persoas, das que "moitas se atopan en situación de desvantaxe social". Nesta iniciativa, o ano pasado impartíronse un total de 44 cursos formativos, que van desde a alfabetización dixital ata o dominio de ferramentas ou a manipulación de alimentos.

Diplomas cursos Unidade Asesoramento Migracións. CONCELLO DA CORUÑA
Diplomas cursos Unidade Asesoramento Migracións. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta