Chega 'Antes de perder', a 'road movie' feminista rodada en Galicia

A serie dixital, dirixida pola galega Sonia Méndez, estrearase o 7 de marzo en RTVE.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/02/2019 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

A serie dixital 'Antes de perder', rodada en Galicia, estrearase o día 7 de marzo na plataforma Playz de TVE. A cineasta e actriz Sonia Méndez dirixe esta serie dixital protagonizada por Esther Acebo e Mariam Hernández, arroupadas por un elenco galego de luxo

Esther Acebo e Mariam Hernández, as actrices protagonistas
Esther Acebo e Mariam Hernández, as actrices protagonistas | Fonte: cedida

Esta produción de RTVE en colaboración con Cósmica Producións é unha road movie de sete capítulos e corte feminista protagonizada polas coñecidas actrices españolas Esther Acebo (A Casa de Papel, Baraka) e Mariam Hernández (Cuestión de SexoAmar es para Siempre), arroupadas polos galegod Xúlio Abonjo, Manuel Manquiña, David Amor, Xose Touriñán, Marcos Pereiro, Xose Barato, Alberto Rolán, Federico Pérez, Patricia Vázquez, Carolina Igrexas (e as señoras da canle Teño unha Horta en San Sadurniño.

Antes de perder é a historia de Jana e Diana, dúas mulleres de trinta e tantos que son tan diferentes en todo que en condicións normais quizá nin cruzasen un par de palabras. Pero agora mesmo teñen algo en común: as súas vidas están en punto morto e só necesitan unha faísca para empezar a vivilas con intensidade... ou para acabar apodrecendo no cárcere. Xuntas, lanzaranse á estrada nunha fuxida sen retorno, forxarán unha amizade a lume e asfalto e compartirán unha historia que rompe con anticuados códigos sobre o concepto de feminidade.

Ademais da serie desenvolverase un universo transmedia propio: acompañará a súa emisión cunha miniserie de sete pílulas protagonizada polos personaxes de Xose Touriñan e Marcos Pereiro (Pequenas Doses) e coa retransmisión vía Instagram da visión da historia dunha das súas protagonistas.

Acompañan a Sonia Méndez a produtora Nati Juncal e a directora de fotografía Lucía Catoira, entre outras, nun equipo composto na súa maioría por mulleres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta