Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2019 | Actualizada ás 19:46
Galicia rexistrou ao longo desta fin de semana ata un total de seis terremotos de distintas intensidades. Seis deles producíronse en localidades da provincia de Lugo e un na contorna da cidade de Santiago.
Segundo a información que recolle o Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro dos sismos produciuse precisamente na capital de Galicia. Santiago rexistrou ás 03.10 horas da madrugada do sábado un tremor de magnitude 2.2, localizado a 9 quilómetros de profundidade.
A partir de aí, os seguintes movementos sísmicos concentráronse na comarca da Montaña luguesa. Ás 11.34 horas do sábado, Triacastela sufriu un tremor de magnitude 2,5. Durante o resto do día a provincia mantívose en calma ata que cara á noite se rexistraron ata tres sismos máis. Triacastela tremeu de novo, con magnitude 2,2, ás 23.35 horas, cun terremoto rexistrado nunha profundidade de 6 quilómetros.
O seguinte foi en Baralla, a 23 quilómetros de profundidade e o de maior intensidade, alcanzando unha intensidade de 3.0 puntos, ás 23.38 horas. O seguinte foi en Becerreá, de 2.9 punto, ás 23.52 horas. Finalmente, ás 00.16 horas, xa neste domingo, As Nogais tamén rexistrou un tremor de 1,9 puntos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.