Galicia perde traballadores estranxeiros en xaneiro, a pesar das necesidades demográficas

Portugueses e romaneses son as principais comunidades estranxeiras no país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2019 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia foi do -2,23% na Comunidade galega, con 799 cotizantes foráneos menos. O número total sitúase en 35.042 persoas.

Así se desprende dos datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social na estatística de afiliados estranxeiros á Seguridade Social do mes de xaneiro, recollida por Europa Press.

Do total de estranxeiros inscritos na Seguridade Social a peche de xaneiro en Galicia, 27.551 cotizaban no Réxime Xeral; 6.284 en Autónomos; e 1.207 no Réxime do Mar. Por provincias, a caída mensual foi do -2,88% na Coruña (383 afiliados estranxeiros menos), -2,20% en Lugo (118 menos), -2,06% en Ourense (96 menos) e -1,61% en Pontevedra (202 menos).

Por contra, a variación anual foi positiva no catro provincias, con 10,86% máis na Coruña (1.265 cotizantes), 11,32% en Pontevedra (1.254 máis), 5,59% en Lugo (278 máis) e 4,15% en Ourense (181 afiliados máis).

Deste xeito, en xaneiro os afiliados estranxeiros na provincia da Coruña situáronse en 12.910; na de Pontevedra, en 12.332; na de Lugo, en 5.245; e na de Ourense, en 4.555. Por xéneros, 19.916 son homes e 15.126, mulleres. Do total de 35.042 cotizantes estranxeiros en Galicia, 15.252 proceden de países da Unión Europea (UE) e 19.790 de extracomunitarios.

En canto aos países da UE, do total de traballadores estranxeiros que cotizan no sistema da Seguridade Social os grupos máis numerosos proceden de Portugal (7.679), Romanía (2.848), Italia (1.567), Reino Unido (757), Francia (660), Bulgaria (420), Alemaña (357) e Polonia (272).

Mentres, os grupos máis numerosos de países extracomunitarios corresponden a Venezuela (2.265), Brasil (2.178), Marrocos (1.854), Colombia (1.516), China (1.460), República Dominicana (1.095), Senegal (958) e Perú (934).

DATOS ESTATAIS

En total en España, a Seguridade Social perdeu unha media de 26.150 cotizantes estranxeiros en xaneiro (-1,3%), ata situarse o total de inmigrantes ocupados en 1.966.699 persoas.

Con este descenso, a afiliación de estranxeiros regresa a taxas negativas despois da subida en máis de 11.700 ocupados non nacionais que o sistema experimentou en decembro.

Do total de estranxeiros inscritos na Seguridade Social a peche de xaneiro, 1.638.323 cotizaban no Réxime Xeral; 324.702 en Autónomos; 3.610 no Réxime do Mar, e 65 no do Carbón. En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros aumentou en xaneiro en 151.607 persoas (+8,3%).

Un afiliado estranxeiro no seu posto de traballo. MINISTERIO DE EMPREGO - Arquivo
Un afiliado estranxeiro no seu posto de traballo. MINISTERIO DE EMPREGO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eup

Os portugueses non son estranxeiros na Galiza.