Converxencia XXI presentarase as eleccións do 20N

A formación galeguista liberal logra os avais nas catro provincias galegas.

Por Galicia Confidencial | Tui | 19/10/2011 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

"Vinte anos despois, Galicia volverá a contar cunha forza política propia e moderada nunhas eleccións ás Cortes Xerais". Así se presenta Converxencia XXI que, finalmente, acadou os avais para poder concorrer as eleccións ás Cortes do vindeiro 20 de novembro.

Con tan só dous anos de vida, este partido de centro, conseguiu xuntar preto de 4.000 sinaturas entre as catro circunscripcións electorais galegas, o dobre das que precisaban.

None

"Bloqueo" de novos partidos

con todo, a formación insiste en que a reforma da ley electoral "está para bloquear a entrada de novos partidos e novas ideas”, xa que os partidos políticos sen representación no Congreso e no Senado necesitan o 0,1% do censo electoral provincial en avais de cidadáns, debidamente asinados e cos seus datos completos.

Converxencia XXI suliña que foi "porta por porta" para acadar eses apoios. Antonio Pérez, coordinador electoral da formación, afirmou que ademais de recoller os avais, os afiliados de Converxencia XXI recibiron tamén "numerosos apoios de galegos e galegas que cren necesario o novo proxecto político" que defende Converxencia XXI para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

29 JÁ PODEMOS ESCOLHER

O Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG) é um partido nacionalista centrista-liberal integrado no BNG, proveniente da divisão da Coligação Galega. Converxencia XXI é um partido nacionalista centrista-liberal nom integrado no BNG. Foi convidado por CiU à Diada. Terá medo o BNG da marcha do PNG-PG? Ou estám desejando que se vaiam os liberais do BNG? Catalunha: ERC/CiU - País Basco: Amaiur/PNV - Galiza: BNG/C.XXI. OS GALEGUISTAS JÁ PODEMOS ESCOLHER

28 Quase-Convergente

O Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG) é un partido nacionalista centrista-liberal integrado no BNG, proveniente da descomposición de Coalición Galega. (Ver Wikipedia) C.XXI é um partido nacionalista centrista-liberal nom integrado no BNG. Terá medo o BNG à marcha do PNG-PG?

27 Quase-Convergente

O problema do BNG é o relevo geracional. Em C.XXI a média de idade está nos 30 anos. Dentro de 20 anos a maioria dos militantes do BNG estarám prontos para a "jubilaçom". C.XXI é um projeto de futuro.

1 Quase-Convergente

Os que cuidam errárom votando ao BNG e som nacionalistas, que votem C.XXI. Os que cuidam errárom votando ao PP e som galeguistas, votem C.XXI. Os que cuidam errárom votando ao Psoe, nom som castelhanistas, nem de esquerdas, votem C.XXI. E se nom, há mais candidaturas. Nom muitas mais devido à lei do 0.1%.

2 Quase-Convergente

E se nom emprego as palavras do BNG: Que os galegos decidam sem mais teito que a sua própria vontade.

3 Rayleigh

Interesantes as contas que fan algúns por aquí..do tipo de amosar que 2+2=5. Vexamos meu neno: dis que é un proxecto de futuro baseado en que a media de idade dos 200-300 militantes de CXXI (non hai máis e no mellor dos casos), agora, é de 30 anos..Pero claro, os de CXXI deben ser inmortais por que dentro de 20 anos seguirán tendo 30 anos, mentras que os do BNG terán 20 anos máis. Inténtao con outra cousa, neno. Logo a xente se me queixa que dou caña..se é que mo poñedes a tiro. Fraco favor estaslle facendo a este partido coas túa intervenzóns.

26 Cidre

Parabéns a Converxencia XXI por este éxito acadado sen contar con el. Desde logo, para o pouco que aínda representades, non entendo á xentiña do BNG-UPG saltando coma cans raibosos. Deben de estar moi mal as cousas no Bloque como para ver inimigos en onde non os hai. Converxencia XXI é un proxecto moi distante socialmente do que representa o Bloque. Por qué será tanta enquina? Qué cousas non lle saen ao BNG ao dereito? Soltade,soltade...

25 xan soares

Animo a alguns do BNG (non a todos) que se empenhan en falar mal de converxenciaXXI que nos centremos entre todos en sumar forzas para restarlle votos a PPSOE.

1 Koroshiya Itchy

Se a ideia é restar votos do PPSOE, receber críticas do Bloco pode ser até bom ;-) Infelizmente, não vai ser o caso.