Converxencia XXI presentarase as eleccións do 20N

A formación galeguista liberal logra os avais nas catro provincias galegas.

Por Galicia Confidencial | Tui | 19/10/2011 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

"Vinte anos despois, Galicia volverá a contar cunha forza política propia e moderada nunhas eleccións ás Cortes Xerais". Así se presenta Converxencia XXI que, finalmente, acadou os avais para poder concorrer as eleccións ás Cortes do vindeiro 20 de novembro.

Con tan só dous anos de vida, este partido de centro, conseguiu xuntar preto de 4.000 sinaturas entre as catro circunscripcións electorais galegas, o dobre das que precisaban.

None

"Bloqueo" de novos partidos

con todo, a formación insiste en que a reforma da ley electoral "está para bloquear a entrada de novos partidos e novas ideas”, xa que os partidos políticos sen representación no Congreso e no Senado necesitan o 0,1% do censo electoral provincial en avais de cidadáns, debidamente asinados e cos seus datos completos.

Converxencia XXI suliña que foi "porta por porta" para acadar eses apoios. Antonio Pérez, coordinador electoral da formación, afirmou que ademais de recoller os avais, os afiliados de Converxencia XXI recibiron tamén "numerosos apoios de galegos e galegas que cren necesario o novo proxecto político" que defende Converxencia XXI para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

19 Manolo Darriba

A melhor noticia política desde o desastre Feij009. Adiante, hai moito que facer!

18 Gustavo

A paixón de Galicia Confidencial por este "partidiño" é digna de estudo, eu diría que dalgunha maneira (subscripcións, etc...) aporta algo de cartos ao medio, se non non ten sentido esta presencia informativa continua dun grupo que non tivo apoio algún (agás o seu líder-concelleiro) nas pasadas elecións. Paréceme moi ben que se presenten (non me parece ben o ex-nazi candidato na Coruña -que seica foi expulsado- e o Valadés este, un axente do sionismo declarado), pero repito que non ten a entidade informativa que se lle dá continuamente neste xornal dixital.

1 Rana Gustavo

Ese rapaz non é nazi, e non o botaron, foise. Ante de falar hai que enterarse das cousas e non difamar.

2 Xan

Galicia Confidencial é un medio do PSOE creado para potenciar calquera movemento ou corrente de opinión que poida facer perder uns cantos votos ao BNG e así reducir a presenza do nacionalismo galego.

3 Luguês

C.XXI está cheio de nacionalistas galegos que nom fôrom queridos no BNG. Ou é que nom estamos fartos de ler nos foros a gente da UPG dizendo: Ide-vos dumha vez. Mas também há gente galeguista que estava próxima do PP, que também estám fartos da deriva castelhanista de Feijoo e companhia. C.XXI pretende ser um partido autênticamente galeguista de centro. Para mim galeguismo e nacionalismo som o mesmo.

17 Cachuzo

Parabéns por superar o obstáculo dos avais, un dos maiores atentados contra a democracia dos últimos tempos perpetrado por PSOE e PP. Recoméndovos unha loita coordinada cos outros partidos afectados contra este requisito, mesmo acudindo aos tribunais internacionais se preciso.

16 PATRIOTA GALEGO

Adiante. Xa falei con tigo Padín. É posibel, que tiñas outro voto, porque estando como estas no soedade absoluta, sen medios que apoien, conseguiches sair de concelleiro, e estas movendo o electorado de esta terra. Custa moitisimo o que fas, e sigues adiante. POIS ISO, ADIANTE, ADIANTE, ADIANTE, CON FORZA, MOITA FORZA

15 sUrReAlIsTa

Agora que o capitalismo esmorece no mundo, renace o novo capitalismo galego.

1 Xanti

Que o capitalismo esmorece???????? En que mundo vives??? ogallá esmorecera...