Converxencia XXI presentarase as eleccións do 20N

A formación galeguista liberal logra os avais nas catro provincias galegas.

Por Galicia Confidencial | Tui | 19/10/2011 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

"Vinte anos despois, Galicia volverá a contar cunha forza política propia e moderada nunhas eleccións ás Cortes Xerais". Así se presenta Converxencia XXI que, finalmente, acadou os avais para poder concorrer as eleccións ás Cortes do vindeiro 20 de novembro.

Con tan só dous anos de vida, este partido de centro, conseguiu xuntar preto de 4.000 sinaturas entre as catro circunscripcións electorais galegas, o dobre das que precisaban.

None

"Bloqueo" de novos partidos

con todo, a formación insiste en que a reforma da ley electoral "está para bloquear a entrada de novos partidos e novas ideas”, xa que os partidos políticos sen representación no Congreso e no Senado necesitan o 0,1% do censo electoral provincial en avais de cidadáns, debidamente asinados e cos seus datos completos.

Converxencia XXI suliña que foi "porta por porta" para acadar eses apoios. Antonio Pérez, coordinador electoral da formación, afirmou que ademais de recoller os avais, os afiliados de Converxencia XXI recibiron tamén "numerosos apoios de galegos e galegas que cren necesario o novo proxecto político" que defende Converxencia XXI para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

14 Akribéstaton

Alegro-me de que CONVERGENCIA XXI possa, pelo seu esforço, concorrer às eleições. É bom para todos. Não terão o meu voto mas sim a minha atenção. A propósito, esse Valadés (não estava em Esquerda Nacionalista?) é bicho mau.

1 En fin

Valadés é un racista que pulula por alí, o mellor é ignoralo a el e aos seus secuaces

13 Ego Sum

A min pareceme ben que se presente CXXI, e que o poidan facer Terra Galega, Nos-UP, etc... Eu como galeguista e de esquerdas votarei polo BNG. Pero quero felicitar de antemán o PP por que a noite do 20-N, eu refuxiareime no cine para non ter que contar papeletas do PP. Os que lle moleste o BNG, que non o voten.

12 Cobillón

U-los que falaban de chiringuito pantasma na anterior nova de CXXI? U-los que dicían que non se recollerían suficientes avais?

11 anonimo

Ten propaganda nos medios porque os sionistas están detrás como Valadés, pero non deixa de ser un grupiño de catro amigos de Tui que banean a xente no Facebook cada vez que acadan unha crítica, viva a liberdade!! EU VOTAREI BNG coma sempre, a min experimentos con gaseosa só na casa, xa sabemos o que dan estas opcións como Padín e o candidato filonazi da Coruña. Cantos votos ides quitar? non pasaredes de 2.000 e senón xa o veremos.

1 Másón

Eu coido que ten propaganda nos medios por la conjura judeo-masónica que pretende acabar coa unidade de espírito e homoxeneidade que na sociedade ten o BNG. EU NON VOTAREI BNG, xa estou farto de ter a síndrome de Estocolmo. Se cadra non voto CXXI pero aínda que o BNG fose o único partido da face da terra eu non os votaría. Que farto me teñen.

2 xan soares

Anonimo, o voto de CXXI vai medrar basicamente de restarlle votos ao PPSOE ou polo menos iso e o que a min me gustaria. Saudos.

3 pepinho dos queixos

Pero en que quedamos, teñen apoio dos sionistas e son filonazis ao mesmo tempo? o odio é mal conselleiro e quen teña odio por un novoo partido que está a traballar con moita constancia e seriedade ten un grave problema psíquico ou de sectarismo.

4 paspán

Aínda hai que ser paspán para dicir que os sionistas andan por aí promovendo candidatos filonazis xD

5 Fágoche un esquema

O filonazi: http://foros.gl/viewtopic.php?f=18&... O sionista: http://www.laopinioncoruna.es/galic... Parbéns a CXXI por xuntar o peor de cada casa

6 Pacheco

Vaille dar aulas de democracia a quen botou a Valadés do BNG (e afiliado de Converxencia? por que Lema non) e dime en que parte do ideario de CXXI se defende o nazismo e/ou o sionismo.

7 Filomatic

E onde di Valadés que sexa militante ou apoie CXXI?

10 Manuel

Parabens, aquí tedes outro voto. O BNG desta vai ter que aprender que o de votarlles por decreto por ser nacionalista rematou

1 Xan

Galicia Confidencial é un medio do PSOE creado para potenciar calquera movemento ou corrente de opinión que poida facer perder uns cantos votos ao BNG e así reducir a presenza do nacionalismo galego.