Por Galicia Confidencial | Tui | 19/10/2011 | Actualizada ás 13:14
"Vinte anos despois, Galicia volverá a contar cunha forza política propia e moderada nunhas eleccións ás Cortes Xerais". Así se presenta Converxencia XXI que, finalmente, acadou os avais para poder concorrer as eleccións ás Cortes do vindeiro 20 de novembro.
Con tan só dous anos de vida, este partido de centro, conseguiu xuntar preto de 4.000 sinaturas entre as catro circunscripcións electorais galegas, o dobre das que precisaban.
"Bloqueo" de novos partidos
con todo, a formación insiste en que a reforma da ley electoral "está para bloquear a entrada de novos partidos e novas ideas”, xa que os partidos políticos sen representación no Congreso e no Senado necesitan o 0,1% do censo electoral provincial en avais de cidadáns, debidamente asinados e cos seus datos completos.
Converxencia XXI suliña que foi "porta por porta" para acadar eses apoios. Antonio Pérez, coordinador electoral da formación, afirmou que ademais de recoller os avais, os afiliados de Converxencia XXI recibiron tamén "numerosos apoios de galegos e galegas que cren necesario o novo proxecto político" que defende Converxencia XXI para Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.