Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/03/2019 | Actualizada ás 11:10
A folga das ambulancias queda suspendida ata este mércores tras acadar CIG, UGT e CC.OO. un preacordo coa empresa. Será cando as dinstintas asembleas locais sometan a votación o documento que recolle ata tres subas salariais este ano, o 2020 e o 2021 nun convenio que terá unha vixencia até o 2022.
Así, a primeira suba salarial será do 4% a partir do 1 de novembro de 2019, outra suba salarial do 3% a partir do 1 de novembro máis unha paga única de regulación de 500 euros nese mesmo mes. Logo haberá outra suba salarial do 2,5% a partir do 1 de xaneiro de 2021 máis a creación dunha nova paga extra a cobrar integramente en marzo dese ano, cando xa quedaría consolidada. E, finalmente, otro incremento salarial do 3% a partir do 1 de xaneiro de 2022.
Ademais, nas vacacións incluiríanse a media de todas as percepcións do ano anterior, desde o ano 2019 e con efecto retroactivo. As subas salariais calcularanse a partir do salario de conductor e aplicarase a mesma suba en todas as categorías e conceptos agás ás dietas. As melloras salariais sobre os contratos en prácticas queda pendente para a seguinte reunión.
Os sindicatos convocan as asembleas locais para o mércores en Vigo, Santiago, Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense. Coa sinatura do preacordo supéndese a folga até a celebración das asembleas, de maneira que de aprobarse, suspenderíase a folga de xeito indefinido ata a sinatura do convenio. No caso se ser rexeitado, a folga iniciaríase o día 21 ás 0.00 horas.
“Queremos poñer de novo en valor toda a forza e a toma de consciencia do conxunto dos traballadores e traballadoras do sector a través da folga, ferramena sen a que tería sido imposible acadar avances na negociaicón como os que agora imos
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.