O Centro de Investigacións Biomédicas premia a investigadora Ana Sousa

O Cinbio da Universidade de Vigo celebrou este xoves o seu primeiro encontro anual, no que se fixo balance da súa década de vida.

Por E.P. | VIGO | 21/03/2019 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da Universidade de Vigo celebrou este xoves o seu primeiro encontro anual, no que se fixo balance da súa década de vida e recoñeceuse á investigadora Ana Sousa, pola publicación do artigo con maior índice de impacto IF 2018.

O Centro de Investigacións Biomédicas celebra o seu primeiro encontro anual e prem. DUVI
O Centro de Investigacións Biomédicas celebra o seu primeiro encontro anual e prem. DUVI | Fonte: Europa Press

No encontro, a directora do Cinbio, África González, repasou os logros deste centro, e os retos aos que se enfronta, entre eles, lograr o financiamento que outorga a Xunta para asegurar a súa continuidade como centro singular de investigación de Galicia.

O Centro de Investigacións Biomédicas acolle a máis de 200 traballadores e, só entre 2016 e outubro de 2018, xerou máis de 550 publicacións. Nese período acumulou un financiamento de máis de 20 millóns de euros, e logrou case unha trintena de patentes e software.

O ano pasado o centro tiña 55 proxectos activos e, os últimos tres anos, desenvolvéronse cinco 'spin-off'. A todo iso súmase, lembrou África González, a consecución do certificado ISO 9001 nos servizos de bioexperimentación, citometría de fluxo, bioloxía molecular, histología e microscopía, e interaccións moleculares.

Este centro desenvolve traballos de investigación en cinco liñas principais (cancro, inmunidade e inflamación, neurociencias, biosaúde e obesidade), e noutras liñas transversais, como bioestatística/bioinformática ou prevención por diagnose-terapia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta