Anuncian a presentación dunha denuncia na Xunta Electoral contra o BNG por usurpar o lema “Agora Galiza”

A formación independentista Agora Galiza-Unidade Popular acusa aos nacionalistas de plaxio por utilizar ese lema na campaña electoral das Xerais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/03/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Agora Galiza. Ese é o lema que utilizará o BNG na campaña electoral das Xerais. Un lema co que, segundo suliñaron durante a presentación, pretenden atraer a público que non é nacionalista. E un lema que, segundo denuncian, xa utiliza outra formación política.

28A.- 'Agora Galiza', Lema Do BNG Para As Xerais Nunha Campaña Que Enfoca
28A.- 'Agora Galiza', Lema Do BNG Para As Xerais Nunha Campaña Que Enfoca

Trátase da formación independentista Agora Galiza-Unidade Popular que manifestou xa públicamente a súa contrariedade e indignación por unha decisión, di, “que usurpa o nome da esquerda revolucionaria galega” por parte dunha forza política “afastada”, suliña, dos seus principios ideolóxicos, obxectivos e práctica política”.  Por iso, e ante esta situación, anuncian a presentación dunha denuncia na Xunta Electoral para esixir que o BNG retire ese lema.

Agora Galiza-Unidade Popular iniciou hai preto dun ano o seu proceso de legalización como forza política. Un proceso, di, que está “sendo dificultado polo réxime de 78”. “Inicialmente o Ministério espanhol de Interior, concretamente a Subsecretaria Geral de Política Interior, bloqueou a tramitaçom do expediente no Registo de partidos políticos até que lhe remitamos a documentaçom traduzida para espanhol, e posteriormente manifestou que o nome era similar à da organizaçom catalana Ara”.

Aínda así, Agora Galiza-Unidade Popular continúa tramitando a súa “legalidade” como marca e como partido político. Por iso, consideran a decisión do BNG como unha “agressom en toda regra” por usurpar e apropiarse do nome dumha forza política fundada en xullo de 2015.

Marca do partido Agora Galiza- Unidade Popular
Marca do partido Agora Galiza- Unidade Popular
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 anonimo

traducindo: grupúsculo estalinista - lusista buscando desesperadamente protagonismo social.

5 Luso Piluso

A calvicie agora-fobica nos casos mais graves, as pessoas sentem-se incapazes de sair da própria residência

4 twuj

Hai catro anos xa lle roubaron a Primeira Linha parte do nome de NÓS-Unidade Popular con aquel fracaso de NÓS-Candidatura Galega. Agora róubanlle aos de Morais o de "Agora Galiza". Até cando vai seguir roubando o BNG á esquerda independentista galega??

3 Sentidiño

Dissidentes!!

2 lóstrego

Arredemo! Faltaba por manifestarse a quintaesencia do soberanismo galaico.