O PP de Santiago propón reordenar o tráfico en San Caetano con dúas grandes rotondas

O candidato popular en Santiago, Agustín Hernández, indicou que a súa proposta permitiría eliminar ao redor de 28 semáforos, conservando só os dos pasos de peóns.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

O candidato do PP á Alcaldía de Santiago, Agustín Hernández, presentou este xoves unha proposta de "reordenación" do tráfico na zona de San Cateano coa creación de dúas grandes rotondas que darían "fluidez" a unha zona que considera "punto crave" da cidade.

Nunha rolda de prensa na sede do PP local, o popular indicou que esta é unha das propostas que levará no seu programa para mellorar a situación da cidade, neste caso no relativo ao tráfico rodado.

En concreto, Hernández explicou que a Avenida de San Caetano é "unha das primeiras imaxes que moitos visitantes teñen de Santiago", unha área que presenta agora "conxestión" de tráfico" e pouca "fluidez" por mor da configuración con dúas rotondas partidas e varias cruces.

Fronte a iso, Agustín Hernández propón a creación de dúas grandes "prazas" nos extremos da Avenida de San Caetano, con dúas rotondas de grandes dimensións (uns 70 metros de diámetro) que "mellorarían a situación do tráfico" e "facilitarían" o tránsito "sen perder ningún movemento".

Ademais da mellora estética, o candidato popular indicou que a súa proposta permitiría eliminar ao redor de 28 semáforos, conservando só os dos pasos de peóns. Esta solución "sinxela", daría unha "imaxe absolutamente diferente ao entrada norte da cidade", cun investimento de entre 800.000 e 900.000 euros para a que prevé solicitar a colaboración da Xunta.

O PP de Santiago propón unha 'reordenación' do tráfico en San Caetano coa c
O PP de Santiago propón unha 'reordenación' do tráfico en San Caetano coa c | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Santiago

Pero vamos a ver, ¿qué ideas se puede esperar de un grupo cuyo jefe cree que los ríos se limpian echando más basura al cauce? Ninguna propuesta viable, solo maragatadas y disparates. No, señoras y señores, no. El voto conservador va en la lista de Bugallo. Este hombre debería volver a Madrid o a Vigo o de dónde sea. Desde luego, compostelano no es.