VOTA | Cal é a mellor opción política para Galicia nas eleccións xerais do 28A?

GC pregunta aos lectores que formación política é mellor que gañe en Galicia para defender os intereses do país en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/04/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A última macroenquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) para as eleccións xerais do próximo 28 de abril dá a vitoria do Partido Socialista en Galicia, onde obtería entre 9-10 escanos, por diante do Partido Popular, que quedaría con 8-9 deputados galegos no Congreso, nuns comicios onde por primeira vez Ciudadanos e Vox terían representación de Galicia en Madrid, con dous ou un deputados, respectivamente, e En Marea e BNG non obterían representración, mentres que En Común-Unidas Podemos podería conseguir dous.

Voto nas eleccións municipais
Voto nas eleccións municipais

Ante unha das eleccións máis incertas na historia do país, GC pregunta aos lectores cal cren que é a mellor opción política para Galicia nestes comicios trascendentais, entre os partidos que xa teñen representación nas cámaras galega e española, e os que as enquisas colocan con escanos nas próximas eleccións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

22 Milka

Os das Mareas empapelaron todo o empapelable e reservaron todo o reservable antes de que a comisión electoral decida dando mostra outra vez xunto con Podemos (qué prisa en falar nos medios españois teñen estes madrilegos...) que o medo ao BNG xa é pánico diante da monumental esnafrada que xa ventan. Se tanto temen a un bloque de partidos nacionalistas se cadra é pola mala conciencia de non ter feito nada por Galiza (qué conciencia poden ter se nen de clase teñen?). O exemplo e voto potencial do BNG dalles envexa. Os comentarios a esta votación demóstrano: non teñen nen troles dabondo! :-D

21 Desfeita

Disiplinados si que che son os rapaces do Bloque dándolle ao botón. Boa sorte, pero a crenza en que finxir una moral de victoria vai atraer a victoria non deixa de ser un xeito de pensamento máxico. E, por moito que repitan a mentira "somos o único partido galego", saben que este choio acabóuselles con En Marea (a de verdade, non a parodia de Unidas Podemos con Anova de mascota).

20 MOZA DE SANTIAGO

Votarei por ter emprego en Galicia, por pechar Celulosas, polo pobo saharauí, por derrogar a Lomce, por considerar un ataque o de USA a Venezuela, para derrogar a Reforma das pensións, por chamarlle presos políticos aos políticos cataláns presos, polo dereito adecidir dos pobos, votarei polos que menos me decepcionaron. Votarei polo BNG.

1 Non alineado

Pois non che sei, non perdas a ilusión, mais se o BNG non vai sacar nin un deputado, e se os quitara --opción moi improbable-- van apoiar ao PsoE, nada do que che preocupa vai mudar. Con xestos para a galería non abonda. Igual é o momento de comezar a pedir responsabilidades aos dirixentes do BNG pola estratexia suicida de cara ao país e os paisanos. Acontece que, outras mozas submisas, igual vos contentades coa calderilla que cae do aparato, por iso facedes comentarios tan 'inocentes'...

2 Bloqueiro bloqueado

Se queres ter emprego en Galiza, non votes BNG. Directamente, afíliate. Olla para Pontón & cía, metéronse no BNG desde primeiro de carreira e van ter emprego aí até que se xubilen.

19 xosel

Digo eu, que despois das eleccións os dirixentes dos partidos galegos que non saquen representación parlamentar deberian dimitir. Porque se non fose así podemos pensar que non son trigo limpo.

18 Juanrice

Eu penso que o único que realmente pode defender os nosos intereses é o BNG. Pero a ignorancia , desinteres e descoñecemento da nosa xente pode voltar a dar o poder a quen galicia so ven buscar os votos.