Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2019 | Actualizada ás 18:34
A Deputación da Coruña recibiu un total de 33 solicitudes na súa liña de axudas destinada á creación, mantemento e reforzo do servizo de normalización lingüística polas que se atenderá a un total de 47 municipios da provincia.
Diso informou a institución provincial nun comunicado, no que explica que, xunto coas solicitudes individuais, dez municipios optaron por compartir o servizo, como ocorre con Dumbría e Muxía, Abegondo e Coirós, Fisterra e Corcubión, A Baña e Negreira, Carnota e Mazaricos, así como Rois e Dodro.
Á convocatoria concorreron tamén dúas mancomunidades, a da Comarca de Ordes con Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo, que xa se presentou na anterior convocatoria; e a de Ferrol, que opta por primeira ás axudas cos municipios de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño.
A través da convocatoria, dirixida a municipios de máis de 5.000 habitantes ou mancomunidades, a Deputación da Coruña financia con 12.000 euros as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística dos consistorios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.