Desfiles de aquí e de alá para celebrar a XXI Mostra do Escaixe de Camariñas

O evento celebrarase desde mañá mércores 17 de abril ata o domingo 21.

Por E.P. | CAMARIÑAS | 16/04/2019 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O Concello de Camariñas vivirá desde mañá mércores 17 de abril E ata o domingo 21 a XXIX Mostra do Encaixe, cinco días nos que a tradición, a moda e as actividades festivas reivindicarán este labor artesán.

A apertura da Mostra terá lugar este mércores 17, ás 15:00 horas, coa actuación do grupo de gaitas 'Con todo en banda', aínda que a inauguración oficial coas autoridades será ás 17:00 horas.

Durante o cinco días de celebración, un total de 10 firmas subiranse ás pasarelas da Mostra para mostrar as súas creacións con encaixe. Concretamente, estarán Amaya Fernández, Ana Cabranes, Claudina Mata, Dores Cortés, Edith do Val, Esteban Fritiría, Lalacó Atelier, Sara Lage, Twin and Elegante e Noriko Hashizume.

Dentro da proxección fóra de España, o domingo 21 ás 13:00 horas terá lugar o desfile das 'Delegacións de encaixeiras internacionais', que este ano proceden de Bélxica, Bulgaria, Croacia, Estonia, Francia, Inglaterra, Italia, Xapón, Polonia, Portugal, República Checa, Rusia e Suíza.

Ademais, terá lugar tamén o 'XXVI Concurso de Novos Deseñadores', no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participarán un total de 29 mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda. Son 15 escolas de moda as que intervirán, con deseñadores procedentes de toda Galicia, Portugal, Asturias, Barcelona, Sevilla, Granada, Baleares, Zaragoza, Alacante e Madrid.

Os 50 nenos das escolas municipais que durante o curso crean o seu propio encaixe participarán no 'Pequeencaixe' e na Mostra haberá tamén espazo para as 'Encaixeiras senior', cuxo desfile será o xoves ás 12:30 horas.

Encaixe de Camariñas en Fitur
Encaixe de Camariñas en Fitur | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta