As termas da Chavasqueira reducidas a cinzas

Un incendio arrasou todo o complexo na madrugada deste mércores. "Quedou todo arrasado e só había algunha columna en pé", din os bombeiros. A Policía Científica encargarase de emitir un incendio sobre a orixe do incendio.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/04/2019 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

Un incendio rexistrado na madrugada deste mércores arrasou todas as instalacións do complexo termal da Chavasqueira, situadas a beiras do Río Miño na cidade de Ourense. Segundo relataron fontes dos Bombeiros de Ourense a Europa Press, ás 1,30 horas deste mércores recibiron o aviso dunha persoa que acudiu ao parque, situado moi preto das termas.

En concreto, foi un empregado das instalacións o que deu a voz de alarma, concretou o 112 Galicia, que asegurou que non houbo danos ambientais nin persoais.

Ao lugar acudiron 12 bombeiros e outro tres efectivos máis de reforzo do corpo con dous vehículos autobomba. Ao chegar, aseguraron as mesmas fontes de bombeiros, "o lume estaba totalmente desenvolvido" nas instalacións, que eran de madeira, polo que o "único" que puideron facer foi "evitar a propagación".

Ás 5,30 horas deste mércores os bombeiros concluíron o servizo. As mesmas fontes deste corpo destacaron que quedou "todo arrasado" e só había "algunha columna en pé".

INVESTIGACIÓN

A Policía Científica encargarase de emitir un incendio sobre a orixe do incendio que calcinou na madrugada deste mércores as instalacións de madeira do complexo termal da Chavasqueira, situadas a beiras do Río Miño na cidade de Ourense.

Así, "unha vez que non haxa perigo", resaltan as mesmas fontes policiais, a Policía Científica ten previsto levar a cabo a inspección ocular e emitir un informe no que "determinará se foi fortuíto ou intencionado". Nos primeiros momentos, fontes policiais apuntaban a un cortocircuito como causa do lume.

No caso de que se tratase dun lume intencionado, encargarase de investigar o grupo de UDEV da Policía Nacional, apuntaron as mesmas fontes.

Ademais de efectivos dos Bombeiros de Ourense, Policía Local e Policía Nacional, entre outros, acudiron á zona do incendio o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acompañado de edís e técnicos municipais tras manter unha reunión no Consistorio.

Incendio nas termas da Chavasqueira de Ourense
Incendio nas termas da Chavasqueira de Ourense | Fonte: Ondacero

BOMBEIROS

Os Bombeiros de Ourense prohibiron entrar nas instalacións calcinadas das termas da Chavasqueira na cidade das Burgas, tras o incendio rexistrado na madrugada deste mércores, por "perigo de derrube".

Así o informaron fontes da Policía Nacional, que está á espera de que os axentes da Policía Científica poidan realizar unha inspección na zona para elaborar un informe sobre a orixe do lume.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta