Piden catro anos de prisión para dous acusados de vender droga nun centro de persoas con discapacidade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2019 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia



A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo comeza este martes, día 14 de maio, un xuízo contra dous homes acusados de acudir ao Centro de Atención para Persoas con Discapacidade tvde Bóveda (Lugo) e vender droga a un dos internos.

A causa procede do Xulgado de Instrución número 1 de Monforte e, polos feitos que se lles imputan, a Fiscalía pide catro anos de cárcere para cada un deles por un delito contra a saúde pública na súa modalidade de actos de tráfico de drogas tóxicas.

Ademais, o Ministerio Fiscal tamén reclama unha multa de 808,8 euros (catro veces máis ao valor da droga obxecto do delito), sendo de aplicación a responsabilidade persoal subsidiaria de 180 días.

Segundo relata no seu escrito o Ministerio Público, os feitos remóntanse ao 26 de xuño de 2016, cando R.G.P. e M.O.L.P., postos de común acordo, acudiron ao lugar "con coñecemento de que se trata dun centro no que se atopan persoas en tratamento de deshabituación, persoas diminuídas psíquicamente e de gran vulnerabilidade". Así, "guiados polo ánimo de lucro" venderon dous ovos e medio de cannabis, así como seis porros a uns dos internos a cambio de diñeiro.

Tras a posterior análise resultou ser resina de cannabis nunha cantidade neta de 27,105 gramos e mestura de tabaco e resina de cannabis nunha cantidade neta de 4,894 gramos. Todo iso, segundo o informe relativo ao valor no mercado ilícito da droga intervida, bota un valor de máis de 200 euros.

Fumando cannabis
Fumando cannabis | Fonte: Chmee2 en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta