Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2019 | Actualizada ás 20:22
Comisións Obreiras denunciou este xoves o "deixamento" da mutua ante un brote de sarna na residencia de maiores Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, así como o "descontrol" á hora de aplicar o protocolo de prevención.
Segundo o sindicato, en canto se diagnosticou o primeiro caso "non se illou enseguida" á persoa afectada, polo que "a día de hoxe, hai xa oito casos, non descartándose que a cifra aumente".
Desde CC.OO. explican que o primeiro caso foi detectado o pasado venres, 10 de maio; mentres que o luns eran xa catro e o martes, oito (sete persoas usuarias e unha traballadora). "Se existe un protocolo, parece claro que neste caso fallou", criticaron.
Por outra banda, o sindicato denuncia que cando a traballadora afectada acudiu á mutua contratada pola residencia, "indicáronlle que ata a semana que vén non a podían atender, polo que a derivaron a un centro privado da Coruña, que foi onde a atenderon". Así mesmo, "indicáronlle que o tratamento profiláctico para a súa familia e mascota debía correr do seu peto, xa que non o cobren os servizos da mutua nin a seguridade social".
Posteriormente, outras dúas traballadoras acudiron á mutua con carácter preventivo. A unha déronlle o tratamento profiláctico, pero á outra a derivaron ao seu centro de atención primaria, apuntan os sindicatos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.