Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2019 | Actualizada ás 20:29
Ponte Caldelas acolleu este venres, Día das Letras Galegas, un "gran encontro cidadán" impulsado pola formación laranxa e ao que asistiron os candidatos do partido a estas eleccións municipais, onde advertiron aos seus "asustados" rivais políticos de que esperan contar con representación "na gran maioría de concellos".
O acto contou coa presenza do secretario de organización en Galicia, Laureano Bermejo; as deputadas nacionais pola Coruña e Pontevedra, Marta Rivera e Beatriz Pino; e a candidata á alcaldía de Ponte Caldelas, Selene Domínguez, entre outros militantes do partido.
Bermejo mostrouse "convencido" de que Ciudadanos entrará na maioría de municipios e animou aos cidadáns a apoiar a esta formación, porque os seus rivais políticos "están moi preocupados e asustados".
"Sodes o futuro de Ciudadanos e a imaxe que queremos transmitir. Sodes xente na que se pode confiar e traballadora", asegurou Bermejo ante decenas de militantes e simpatizantes.
Domínguez, pola súa banda, asegurou que cre nas súas "raíces" e prometeu que non se esquecerán "de onde procedemos, neste día tan conmemorativo como é o Día das Letras Galegas"
Así, animou a loitar por situarse tanto pola a lingua como por Galicia, apostando por un proxecto "baseado nas inquietudes" dos veciños para Ponte Caldelas.
"COAS MANS LIMPAS"
A deputada por Pontevedra, Beatriz Pino, destacou a figura de Selene Domínguez, e está convencida de que a candidata de Cs a esta alcaldía será a próxima alcaldesa desta localidade pontevedresa.
"Imos coas mans limpas e sen mochilas, os de Ciudadanos somos de fiar. Os de cor azul están moi nerviosos", destacou en referencia ao PP.
Para finalizar, a deputada pola Coruña, Marta Rivera, destacou a importancia que teñen os votos nas eleccións e asegurou que nestas municipais hai que saír ás urnas. "Ninguén se pode quedar en casa. O poder da xente está no voto" Rivera pediu que ninguén quede en casa, xa que este domingo "cada voto conta, e conta moito".
Tamén reivindicou a figura de Rosalía de Castro, "a primeira muller que recuperou o galego e á que se dedicou este día", e advertiu de que os votos do BNG "son votos para Bildu e ERC". "Hai que dicilo, moita xente non o sabe. A xente ten que saber que está a votar nas eleccións europeas", finalizou Rivera.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.