Os proxectos Semente e Ikastolas alíanse para impulsar unha rede nacional de escolas

Ambas as entidades visualizan a súa colaboración en Compostela, coincidindo co Día das Letras Galegas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/05/2019 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Ikastolen elkartea, que ten o euskera como lingua vehicular no ensino,  e a rede de escolas Semente, que teñen o galego como lingua vehicular entre os máis pequenos, asinaron unha alianza para concienciar á sociedade sobre a necesidade dun modelo de inmersión lingüística para a normalización das linguas, que reivindique os proxectos educativos populares, autoxestionados e sen ánimo de lucro e que permita o intercambio de experiencias, material educativo e o mutuo coñecemento de cada nación.

Familias e estudantes de Semente reunidos con oldo Tellitu, presidente de Ikastolen Elkartea
Familias e estudantes de Semente reunidos con oldo Tellitu, presidente de Ikastolen Elkartea | Fonte: Semente

O Día das Letras Galegas foi o escenario elixido por estas entidades para visibilizar esta alianza entre Semente e kastolen Elkartea. Unha alianza que busca as “bases necesarias para a creación dunha escola nacional nos nosos pobos e promover a educación euskaldun e galega máis aló do ámbito das nosas escolas”.

A Semente é umha asociación sen ánimo de lucro que impulsa un proxecto de imersión lingüística que conta con tres centros educativos en Compostela, -dous centros de 2 a 6 anos e un centro de ensino primario-.  É un proxecto autoxestionado que toma o seu nome das Escolas de Ensino Galego creadas a comezos do século XX polas Irmandades da Fala. Actualmente hai Sementes en Vigo, Trasancos, Lugo e hai activistas a organizárense para abrir Sementes en Ames, a Coruña, Ourense  e Pontevedra.

“Desde o começo a Semente tem a necessidade de se relacionar com outros povos e línguas do mundo.  Por umha banda, entendemos que a Galiza deve ter umha relaçom direta com os países com quem, por raçons históricas, compartimos língua, especialmente Portugal”, apunta a entidade nun comunicado.

A relación entre Euskadi e Galicia no mundo da lingua, da educación e da cultura ven de vello. Porrotx e a xente de Irrien Lagunak, Asisko Urmeneta, Jon Sarasua, Txerra Rodríguez ou Eider Palmou, entre outras activistas, viaxaron ao país para participar na construción do proxecto Semente. 

MANIFESTO

Este é o Este é o manifesto aprobado:

"A Escola de Ensino Galego Semente e Ikastola Elkartea reconhecemo-nos como movimentos de educaçom popular, de inmersom linguistica, sem animo de lucro, autogestionados, laicos, criados por iniciativa popular, alternativa do ensino tradicional e do actual modelo público estatal/administrativista que pretendemos conformar, junto a otros projetos, as bases necessárias para a criaçom dumha escola nacional nos nossos respetivos povos e promover o ensino galego e euskaldun além do âmbito das nossas escolas. 

En tanto que associaçons de naçons com língua própria, que desejan contar com um sistema educativo próprio e que desenvolvem a sua atividade num contexto no que o Estado Espanhol se reserva por meio da Constituiçom e as Leis orgánicas do âmbito educativo a regulamentaçom dos elementos esenciais que definem um sistema educativo, é vontade de Semente e Ikastola Elkartea estabelecer relaçons e umha aliança de cooperaçom para: 

Desenvolver estratégias comuns para concienciar a sociedade da necesidade do modelo de inmersom linguística para a normalizaçom do uso das nossas línguas.

Promover, consolidar e reivindicar os projetos educativos populares, autogeridos, sem ânimo de lucro e alternativos do ensino tradicional.

Analizar e impulsar a coordenaçom de politicas fronte aos projetos legislativos do Estado Espanhol que limitan a criaçom de sistema educativo próprio nas nossas naçons.  

Fomentar a comunicacion, o intercámbio, a solidaridade e apoio mútuo no desenvolvimento dos nossos projetos educativos.

Realizar actividades conjuntas de aprendizagem e melhora, mediante o intercambio, a reflexom e o contraste sobre as nossas experiências pedagógicas.

O intercambio de material educativo.

Impulsar o mútuo conhecimento a respeito da cada associaçom e da situaçmo de cada naçom.

Para a planificaçom, avaliaçom, seguimento e coordenaçom das açons de cooperaçom previstas na presente Aliança, estabelecera-se órgao de seguimento da alianza que se reunirá de jeito ordinário com periodicidade semestral. Reunira-se alternadamente na Galiza e em Euskal Herria nas datas que acordem as associaçons. Tamém poderám reunir-se de jeito excepcional se as associaçons o consideram necessário.

A presente Aliança poderá ser modificada e incluídas novas açons de cooperaçom ou suprimidas algumhas das previstas em qualquer momento com o consentimento das associaçons.

A duraçom desta Aliança de Cooperaçom é ilimitada e, deste jeito, será renovada em modo automático todos os anos, em quanto ningumha das asociaciones nom a denúncie."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 Pitito

Adiante Semente!!! Pola recuperacion e normalizacion do galego!!!

3 Milaesquera

Falase aquí de salvar o galego dende a base escolar e vós coas vosas monomaníacas pantasmas políticas patolóxicas de sempre (eta, procés, etc). Estades enfermos de sectarismo (curiosamente sempre na liña de atacar ao BNG... curioso... ;-) Todo o meu apoio a estas iniciativas a prol da nosa lingua! (sí, voto e votarei BNG e con gusto).

2 Gamela

BNG + EH Bildu + ERC cos votos dos galegos sentaremos a este homiño en Bruxelas? https://cabozo.com/taboext.php?grup...

1 José

marcha can..., vai daí...

1 Gamela

e os egresados de ámbalas dúas escolas terán que votar a ERC para maior gloria de Junqueras e da República Catalana Lliure ?

1 unmais

Grazas a ERC os galegos teremos un representante en Bruxelas, vai algun noutra lista con posiblidades de sair electo?, e sobre todo os que van noutras listas poden defender os intereses galegos ou teñen que estar as ordes dos seus donos de Madrid, como cando tiveron que votar a favor dos orzamentos peores para Galiza da historia?

2 Sentidiño

Pois a mín nesta ocasión alédame poder contribuír á causa da república e da libre determinación dos pobos. Hei coller esa papeleta para apoiar o número un da lista.

3 Gamela

pois as mesmas posibilidades ten https://twitter.com/lidiasenra?lang... e tamén é galega e fala dos problemas concretos de Galicia... Non de repúblicas fantásticas...

4 AlexandreGZ

E das vacinas, Lidia tamén fala das vacinas, non te esquezas!!

5 Alpinista

Pobre Gamela, tanto falar sobre o Mario e do Palleiro e non sabe quen protexe a Lidia, e que ten de asesora, por exemplo, a Ana María Rguez. Vázquez!!! Vaille sair outra Señora Marquesa de Galapagar, despois de tanto apoiar e encumiar a Podemos, agora a lamentarse... Tan humano tropezar catro veces na mesma pedra!!!

6 Gamela

Alpinista, non podemos estar en todo... pero se tal poderias ampliar a información: saber quen é quen en Galicia estase a convertir nun misterio... ¿Ana María? https://i.gal/gamela03