116 municipios galegos súmanse ao Pacto dos Alcaldes polo clima e a enerxía

Por Europa Press / Redacción | BRUSELAS | 25/06/2019 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

Un total de 116 municipios galegos sumáronse no que vai de ano ao Pacto dos Alcaldes polo clima e a enerxía, un movemento mundial contra o cambio climático para cuxo impulso a Xunta puxo en marcha o pasado mes de xaneiro unha oficina técnica. Deles, 13 empezaron a desenvolver xa o plan de acción.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático de Galicia, María Cruz Ferreira, ofrece declaracións aos medios de comunicación durante o Comité Europeo das Rexións.
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático de Galicia, María Cruz Ferreira, ofrece declaracións aos medios de comunicación durante o Comité Europeo das Rexións. | Fonte: Europa Press

Así o explicou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta, María Cruz Ferreira Costa, nunha reunión de traballo do Comité Europeo das Rexións na que se presentaron experiencias de diversos países a favor dos obxectivos de sustentabilidade 2030.

Ferreira dixo que as políticas de sustentabilidade son un "alicerce" para o Executivo autonómico e expresou e agradecemento por poder presentar os proxectos galegos ante o Comité das Rexións.

A responsable galega defendeu a necesidade de ofrecer solucións locais para contribuír á solución "dun problema global" como é o cambio climático. "Por iso creamos esta oficina técnica do Pacto dos Alcaldes, imos un por un aos 313 concellos, cada un coa súa peculiaridade e o seu plan enerxético de aforro e enerxía sustentable, ademais dun plan climático que dividimos por zonas ou comarcas", explicou.

María Cruz Ferreira explicou que Galicia é "unha potencia" no uso de enerxías renovables, con ao redor de 7,2 megawatios instalados cando o consumo é de 13, polo que a porcentaxe de enerxías limpas "é moi elevado". Agregou que esta proporción crecerá con 20 novos parques autorizados e en fase de desenvolvemento que poderían entrar en funcionamento a finais deste ano 2019.

"O Pacto cos Alcaldes entendemos que é fundamental, é unha das ferramentas de Gobernación multinivel da Comisión Europea, que entendeu no seu momento que non chegaba a cumprir os obxectivos de eficiencia enerxética e cambio climático e por iso baixou ao nivel local. O concepto e o problema é global pero a solución está a nivel local", subliñou.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta