Galicia será a protagonista do 49º Festival Intercéltico de Lorient

Carlos Núñez, Mercedes Peón e Milladoiro, entre a representación galeg. Catro novos gaiteiros galegos competirán polo Trofeo Maccrimmon de Gaita.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2019 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O Festival Interceltique de Lorient (FIL) escolleu Galicia como rexión á que dedicará a súa edición de 2019, que será o número 49. Neste evento, a música galega estará representada da man de artistas como o gaiteiro Carlos Núñez, a cantante Mercedes Peón e a banda Milladoiro, entre outros.

Presentación do programa de Galicia no 49 Festival Iterceltique de Lorient
Presentación do programa de Galicia no 49 Festival Iterceltique de Lorient | Fonte: Xunta.

Así o anunciou este martes na Cidade da Cultura o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado polo director do evento, Lisardo Lombardía, asi como diversos altos cargos do evento e do Xacobeo 21.

Galicia está presente en Lorient desde o ano 1976. A cita conta con preto de 4.500 artistas confirmados, entre os que destacan Soldat Louis, Begoña Lorenzo, Martin Hayes, Fred Morrison ou Barok, entre outros.

A representación galega chega da man de Milladoiro, Mercedes Peón e Carlos Núñez, de quen Lisardo Lombardía afirmou que "dalgunha maneira a xente considérao como un produto loriantés". Do mesmo xeito, o director do evento aseverou que a participación de Mercedes Peón ofrece unha mostra alternativa do que é a música galega contemporánea.

Así mesmo, competirán polo Trofeo Maccrimmon de Gaita catro novos galegos que aspiran a facerse con este galardón. Estes son Xesús Rodríguez, Nadia Vázquez, Manu Seoane e María López.

Pola súa banda, o gaiteiro Pablo Seoane asegura que "podes tocar en moitos festivais, podes tocar en moitos países, pero tocar no Festival de Lorient é o máximo para un gaiteiro".

BANDAS DE GAITAS DE FORCAREI E INVERNÍA

Entre case 90 propostas de bandas para o festival algunhas das seleccionadas son as Bandas de Gaitas de Forcarei (Pontevedra) e Invernía --na Estrada (Pontevedra)-- e os grupos de folk de Xosé Luís Romeu Aliboria e Tiruleque.

"Fóra da calidade artística que ten o festival en todos os seus ámbitos, o mais importante é a calidade humana que move o festival", así o asentiu o gaiteiro Pablo Seoane.

O FIL logra reunir en dez días a case un millón de persoas e utilízase como escaparate de Galicia, tal e como confirmou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.

A Xunta busca que este proxecto sirva para facer unha promoción íntegra de Galicia en todos os sentidos, cultural, musical, turístico, empresarial e gastronómico e presentar así o Xacobeo 21 en Lorient.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gaegalaiko

Raxando contra o celtismo todo o ano pero ben que calan cando hai contrato...

1 S. Casal

Galicia? Non, o Xacobeo do frijol. E declarados anticeltistas como a Mercedes Peón ou Milladoiro (con Rodrigo Romaní declarábanse alleos a iso da música celta). Logo veñen os contratos e os seus principios mudan polo carto. O cartaz diste ano deixa claro que sera un evento a maior gloria do sacrosanto Xacobeo (cartaz feo con gañas, por certo) e apela á "calor y fiesta" de los celtas del sur. Nen o Iribarne teríao feito mellor: Galicia, la esquina verde de España (porque isa é a mensaxe que transmite Carlos Núñez nos seus concertos e no seu infumable recente "libro"). Somos unha ración... Olé!