A UNED apoia o proxecto do centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense

O alcalde comprométese co Colexio de Arquitectos a buscar fórmulas para axilizar a concesión de licenzas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2019 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, continúa a rolda de encontros institucionais no Concello. Este mércores reuniuse co director do centro asociado da UNED en Ourense, Jesús Manuel García, para estreitar lazos de colaboración.

Jesús Manuel García evidenciou o apoio da UNED ao proxecto para a creación dun centro de intelixencia artificial na cidade de Ourense. "Desde o reitorado da UNED estamos dispostos a colaborar cientificamente", expresou Jesús Manuel García á saída da cita.

Robot utilizado na campaña electoral do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.
Robot utilizado na campaña electoral do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

O seguinte paso será levar a cabo un encontro formal co equipo de goberno da UNED en Madrid que terá lugar o vindeiro mércores, 10 de xullo, ás 11,00 horas, na sede do Reitorado.

Pola súa banda, ao termo da conversa o rexedor ourensán mostrouse "tremendamente satisfeito" de contar co apoio "dunha institución tan prestixiosa como a UNED". Valorou o apoio recibido como "a lombeirada definitiva" para situar Ourense na "vangarda" da Intelixencia Artificial.

A UNED conta cun departamento de Intelixencia Artificial dentro do grao de Enxeñaría Superior Informática que xa trasladaron ao director do centro asociado da Universidade de Educación a Distancia en Ourense a súa "satisfacción" por poder colaborar no proxecto do goberno municipal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta