A Xunta defende os concertos coa sanidade privada e que a xente "elixa" entre sanidade pública ou privada

En Marea acusa ao Goberno galego de "privatizar" a sanidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2019 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, defendeu o mantemento dos concertos de asistencia coa sanidade privada, que se prestan de modo complementario ás prestacións do Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que, dixo, se levan facendo décadas,e xa a Xunta do bipartito "mantívoos e incrementou".

Así o trasladou en resposta a unha pregunta da parlamentaria de En Marea Eva Solla, que denunciou a privatización de consultas e intervencións cirúrxicas na EOXI de Lugo cunha licitación de 40 millóns de euros.

Solla reprochou que "no canto de mellorar as condicións dos profesionais" e "dotar de medios", desde a Xunta se adiquen a "privatizar servizos sanitarios públicos", e acusou ao Goberno galego de mentir cando negou no pasado pleno parlamentario o traslado de pacientes á sanidade privada.

Vázquez Almuíña defendeu que os servizos do Sergas son "públicos ao 100 por 100" e que os cidadáns "poidan elixir", dado que a opción privada "funciona ben e iso é bo para a sociedade". O titular de Sanidade defendeu que a prestación se realiza, no seu maior parte, con medios e recursos propios e que en ocasións se realiza a través de centros privados mediante contratos de xestión de servizos públicos.

"A isto chámaselle privatización", insistiu Solla, quen lembrou que se trata do mesmo procedemento realizado con anterioridade na EOXI da Coruña e que xa sentaba un "precedente" para continuar exportándoo ao resto de áreas de servizo.

Almuiña acusou, pola súa banda, á deputada de tentar "embarrar o campo" para "tapar as vergoñas do seu grupo", e defendeu que o servizo de fisioterapia no HULA e no Hospital da Mariña ampliaron os seus persoais con oito fisioterapeutas, polo que o servizo está a realizarse con medios propios.

Centro de saúde de Galicia con profesionais de Atención Primaria en folga o 19 de xuño.. REMITIDA
Centro de saúde de Galicia con profesionais de Atención Primaria en folga o 19 de xuño.. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Quenteiro

Nin un peso prá sanidade privada, nin un peso prá educación concertada, nin un peso pró xacobeo da igrexa! Galiza non se vende, non é un mercado dos ppeiros e os seus amigos.