Feijóo realiza varios cambios na Xunta para recompoñer o PP en Vigo
O presidente galego aprobou este xoves o nomeamento da ata agora presidenta do Consello Económico e Social (CES), e presidenta da xestora do PP en Vigo, Corina Porro, como delegada da Xunta na cidade olívica. O seu antecesor, Ignacio López-Chávez, será o novo presidente do Tribunal da Competencia. Queda pendente o nomeamento da Presidencia do CES que podería ocupar Pilar Rojo.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2019 | Actualizada ás 15:04