Por Galicia Confidencial | Ourense | 12/07/2019 | Actualizada ás 10:02
"Marchournos Etelvino". Así informaba a familia de Etelvino Blanco, ex secretario comarcal da CIG en Ourense e candidato de Ourense Mellor, a súa morte.
Etelvino Blanco sempre foi un home comprometido co sindicalismo e coa política nacionalista de esquerdas. Logo de ser militante moitos anos do BNG, nos últimos tempos estaba próximo a En Marea de Luís Villaes. De feito, nas eleccións municipais de 2019 converteuse en candidato á alcaldía de Ourense polo partido Mellor Ourense.
Naceu en 1955 na parroquia de Señorín, O Carballiño. En 1977 converteuse no introductor do sindicalismo nacionalista no seu concello da Intersindical Nacional Galega. En 1994 converteríase en secretario comarcal da CIG en Ourense até 2017.
Sempre foi un gran activista político e sindical. De feito, en plena campaña, tivo que ser ingresado no hospital. Ás poucas horas de ser dado de alta, xa estaba no mitin de fin de campaña. "Hoxe volvo débil pero co compromiso e a forza ideolóxica intactas", sinalaba despois de vivir un dos seus momentos máis amargos da súa vida.
Diversos dirixentes políticos e distintos partidos e tamén destacados dirixentes sindicais amosaron o seu pesar pola súa morte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.