En Marea centrará o seu acto do 25 de Xullo no ecoloxismo para avanzar cara a "unha Galicia verde"

A cita será no compostelán parque de Vista Alegre.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2019 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

En Marea centrará o seu acto político para celebrar o 25 de xullo, Día de Galicia, na defensa do medio ambiente e como crítica ao "modelo industrial do goberno de Feijóo baseado na contaminación e a corrupción".

O portavoz de En Marea, Luís Villares, e os membros da coordinadora Ana Seijas e Adrián Dios, na presentación dos actos do Día de Galicia
O portavoz de En Marea, Luís Villares, e os membros da coordinadora Ana Seijas e Adrián Dios, na presentación dos actos do Día de Galicia | Fonte: Europa Press

O portavoz orgánico da formación, Luís Villares, acompañado pola viceportavoz da dirección, Ana Seijas, presentoy a programación de cara ao 25 de xullo, o primeiro tras a ruptura do espazo político da chamada 'unidade popular' agrupado ata este ano en torno ao partido instrumental.

A organización que encabeza o xuíz en excedencia conmemorará o Día de Galicia no parque de Vista Alegre, en Santiago, onde organizan unha xornada de convivencia, reivindicación e música en torno ao "ecoloxismo político", unha das "teses de saída" aprobadas no plenario do pasado sábado, no que En Marea puxo un "punto e aparte" na súa traxectoria coa vista posta nas eleccións do próximo ano, ás que concorrerán en solitario.

"Os dez anos de goberno de Feijóo deixan a conclusión de que é un goberno agresivo e irrespectuoso co medio ambiente, que non escoita cal é a pulsión do futuro; e que non está a facer os deberes no que se refire á transición ecolóxica. As políticas do Partido Popular contaminan o futuro de Galicia", aseverou Villares.

Por iso, reivindica unha "patria verde" na que "o medio ambiente e a transición ecolóxica" sexan "eixos" do discurso de En Marea e da súa celebración do Día de Galicia. "A nosa forma de reivindicar o país é reivindicar un futuro onde a cidadanía teña cabida", incidiu.

Así as cousas, a xornada que En Marea prepara para o 25 de xullo arrincará no parque de Vista Alegre cun taller de instrumentos musicais feitos con materiais reciclados, seguido dun "concerto didáctico", segundo indicou Ana Seijas.

A continuación, terá lugar o acto político en que, ademais de representantes de En Marea, participarán membros de colectivos sociais e ecoloxistas como a plataforma contra a Mina de Touro.

Unha vez concluído, está prevista unha comida de confraternización e, xa pola tarde, a presentación do proxecto de "Árbores que non arden", que busca visibilizar o traballo das mulleres dos servizos de extinción de indencios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Nome

Lembremos o que nos dixo Castelao no Sempre en Galiza “púxenme a relembrar un discurso de Otero Pedraioun discurso de Otero Pedraio...: Se no abrente deste día poidéramos voar sobor da nosa Terra e percorrela en todas direccións, asistiríamos á marabilla dunha mañán única....por todas partes xurde unha alborada de groria.... Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez, dun culto panteísta, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra-nai, alzada simbolicamente no Pico Sagro; por cobertura o fanal inmenso do universo, e por lámpada votiva o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o viño eucarísticos...”

1 Sentidiño

O Pico Sacro é o ollo de Mordor!

1 Multinick

Por favor, non lle fagan caso, a ver se así se cansa e marcha.