A profesora Almudena Hernando contounos o outro día unha anécdota familiar que raia co realismo máxico. Seica na casa o circo era un tema que estaba prohibido dende a época dos seus bisavós, cando un saltimbanqui chegara á vila formando parte dun circo ambulante húngaro. Ao rapaz deulle por xogar coa súa bisavoa, unha meniña de seis anos, e nun lance acrobático a rapariga esvaroulle das maos, caíndo ao chao nun golpe tan violento que lle estragou a columna vertebral. A nena quedou eivada o resto da súa curta vida. O curioso é que, ao longo dos anos, cando a nena sentía máis dores, a súa irmá xemelga padecía os mesmos síntomas, malia que estivese a kilómetros de distancia. Quizabes este misterio explique que Almudena sexa hoxe unha autoridade no que se deu en chamar Arqueoloxía da Identidade.