Artigos de Manuel H. Iglesias

56 núcleos menos na provincia

Hai novas que por non seren chamativas e estridentes e por non estaren dentro diso que se chama actualidade, pasan case sen pena nin gloria. Poderíamos dicir que non teñen o impacto no lector que debían ter. Mais teñen un fondo que si debera animar a todos á reflexión. Claro, si somos capaces de pensar no futuro desta nosa terra e da nosa sociedade.

Ou presupostos ou eleccións

O pasado fin de semana dúas forzas políticas clarificaron o camiño e xa se intúe cal vai ser a súa forma de actuar nos próximos meses. Os populares pecharon un congreso que tivo máis de escenografía que doutra cousa, pois non aportaron ningunha novidade nin proposta salientable digna de mención.

Tempos de incertidume

Vivimos tempos que aluman máis incertezas que confianzas. Tempos nos que a sociedade perde dereitos acadados co esforzo colectivo durante moitos anos e que se daban por fixos e definitivos. O populismo e a demagoxia campan as súas anchas, e os predicadores de todo signo propoñen solucións aparentemente sinxelas para un mundo moi complexo, solucións que engaiolan a milleiros de cidadáns. Pero estas propostas non son nada máis que cortinas de fume que teñen como obxectivo chegar ó poder. Despois virá a realidade, e descubrirase que todo será moi distinto ó que se esperaba acadar votando a tanto mesías que anda polo mundo.

Donald Trump: Arrogancia, ostentación e incerteza

Dende o 25 de abril portugués do 74 do século pasado, quedou acuñado o dito: “o povo é quen máis ordena” Mais a verdade é que o pobo soamente escolle ou, si o prefiren, elixe entre os candidatos propostos.

Seguir resistindo?

Cando empecei a tomar conciencia política, anos setenta, entendía que os partidos, daquela na oposición ó franquismo, eran organizacións sensibles que asimilaban os cambios sociais e polo tanto non estaban presas de ideoloxías estáticas que se poñen por riba do ben e do mal. Pensaba tamén que ó reclamarmos democracia entendíamos que a principal fonte de lexitimidade era aquela que daba o voto da xente pois ela era e é a que quita e pon maiorías.

O vello e o novo

En determinadas datas sempre aflora o termo vello e novo con máis insistencia do que parece normal. Desta maneira escoitamos, non soamente para referirnos ó ano que remata e o que empeza, falar do vello e do novo, verbas en certa medida contrapostas, que tamén aparecen na relixión, na política e en moitas facetas da nosa vida. Aparecen como se fosen unha necesidade para diferenciar algo e actúan de feito como un reclamo permanente no devagar dos días.

Culto á personalidade

“Todo pasa y todo queda, pero lo nuestro es pasar...”

O importante é consumir?

“Non importa se fai falla, o obxectivo é consumir...”