Artigos de Manuel H. Iglesias

Sen alternativas contra o lume

Parece que o presidente Feijoo está satisfeito de como marcha a campaña contra os incendios que deixan ermo o pais. Todo vai a mellor, pois arderon menos hectáreas co ano pasado, segundo dí o noso mandatario.

Sr. presidente: explíquese ou dimita

Pero, ¿A caso non somos a risa da Unión Europea? Penso que sí. E si esto é unha gran verdade, que acontece para que o presidente do goberno non se explique no Congreso diante os cidadáns?.

Galicia en positivo

Cando os problemas somente se perciben dende un único punto de vista e un grupo político asume a reivindicación dos mesmos acontece, con bastante frecuencia, que ise grupo pretende monopolizar todo o que se refire ó tema en cuestión e, dende unha posición de certa prepotencia dá carnés de autenticidade e dicta as formas de actuar.

A España en branco e negro

O goberno popular a instancias do ministro Wert acaba de aprobar unha lei para o ensino que amosa unha fonda saudade da escola que eu catalogo como “fría, triste e autoritaria onde, con paus e monsergas, aprendimos ristras de verbos e letanías”.

Os escraches e o nazismo

Certo día nunha conversación cuns mozos, por defender unha postura que a eles lles parecía inasumible, arremeteron contra min decíndome que tiña un comportamento ditatorial e nazi. Tomei a resposta como se fora dita sin saber o que significaba e, polo tanto, clasifiqueina como fora de contexto. Logo pregunteille que sabían eles do nazismo. Claro, falaban de oídas e soio dicían obviedades. Pero descoñecían a filosofía do nazismo. Digo eu a terrible e triste filosofía dun movemento político e social que asolou a Europa da primeira metade do século XX.

As idas e voltas na política

Cando aínda se lembran as verbas de Rajoy na oposición denunciando e calificando negativamente as negociacións ocultas de Zapatero co presidente catalán Mas, aparece a nova da xuntanza segreda que o primeiro mantén co segundo na que lle lanza un envite para negociar, claro, si se separa de Esquerra Republicana.

O electricista e o tesoureiro

Supoño que moita xente aínda lembra cando as torres xemelgas foron derrubadas. Daquela a realidade superou a ficción. Pois ben, ultimamente escoitamos historias que acontecen a cotío nas que, a realidade, semella que supera a ficción e que por moitas declaracións que fagan os implicados tratando de desmarcase do asunto, sexan ou non representantes do goberno, ou maridos de princesas, xa ninguén lles da creto, pois todo cheira a mentira para salvar o seu pelexo.

O que parte e reparte

Sr. Presidente supoño que, como vostede naceu en Galicia, coñecerá o refrán que di: o que parte e reparte para sí a mellor parte. Pois, a medida que saen datos da doble contabilidade que se levaba no partido do que vostede é presidente, as cousas están sumamente claras. Empresas e particulares que buscaban favores daban importantes cantidades para a causa, e logo recibían o premio coa conseguinte adxudicación, e todos contentos. Claro que, como as cantidades eran cartos en B, ises nunca aparecerán na contabilidade oficial.