O electricista e o tesoureiro

Supoño que moita xente aínda lembra cando as torres xemelgas foron derrubadas. Daquela a realidade superou a ficción. Pois ben, ultimamente escoitamos historias que acontecen a cotío nas que, a realidade, semella que supera a ficción e que por moitas declaracións que fagan os implicados tratando de desmarcase do asunto, sexan ou non representantes do goberno, ou maridos de princesas, xa ninguén lles da creto, pois todo cheira a mentira para salvar o seu pelexo.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 07/03/2013

Comparte esta noticia
Por mor da desaparición co Códice Calixtinus e co apresamento do electricista, soubemos que este ademais de manexar cables, arranxar avarías e poñer  luces,  tamén   metía a man nos petos para, paso a paso, amasar unha gran fortuna. Cartos que non eran contabilizados nin  declarados,  pois viñan da xente de boa fe que lle daba esmolas, coa mellor intención, ao santo dos croques. E así dia a día, sempre finxindo moita devoción, foi, como as formigas, xuntando  miles e miles de euros.  Pero a ambición racha o saco, e por ser tan avaricioso e coller o libro,  agora está diante a xustiza.  Os cartos, din os máis vellos,  son o demo.
 
Algo semellante aconteceu co tesoureiro  pois  fixo algo parecido  ao electricista, claro con máis clase. Pero, neste caso, os cartos viñan dos devotos da dereita, digo devotos e aproveitados que daban e esperaban algo a cambio. Cartos e B, que non pagaban impostos e que permitían que o recadador metera, supostamente,  algo no saco particular e o resto para a organización. E como moitos cobraban  deses fondos,  ninguén se queixaba.
 
Pero,  un xuíz distes raros, atreveuse a furgar no asunto e, aínda que o apartaron mediante subterfuxios legais da carreira xudicial,  abriu o camiño para que outros seguiran indagando. E así foi. Pero o tesoureiro era máis lagarto co electricista, tiña a carreira de pillo, e colocou os cartos nun lugar distante e seguro. Din que son moitos millóns de euros nun paraíso fiscal. En fin. O caso é que por riba, para asegurarse de que non habería represalias,  foi ao notario para que este lle dera categoría de documento público a lista de devotos e aproveitados que daban as donacións, e o nome dos que as recibían.
 
Velaquí dúas historias de dous suxetos que  teñen algunha semellanza. Nas dúas hai varios nexos en común. A saber: esmolas movidas pola fe que buscan un favor,  e cartos sen contabilizar que non pasan polo fisco.
 
No caso primeiro é moi normal que os crentes pidan a intersección dun santo para lograr un favor espiritual ou doutro tipo. No segundo soamente  caben as esmolas ideolóxicas e as que pagan o canon por acceder a unha concesión ou prebenda. 
 
Velaquí dúas historias que superan a realidade. Dous individuos que se lucran dos cartos opacos e que actúan para salvar o pelexo facendo declaracións de escándalos sexuais; que ameazan con soltar lastre,  e que lle   fan  a peineta aos periodistas que buscan declaracións.
¿Pero esta é a sociedade que temos? Diría unha persoa que paga os impostos relixiosamente, que cumpre como cidadán coa comunidade e que ten como norma andar coa legalidade sempre.
 ¡Que o demo e me leve! Dicía Curros Enriquez  no poema Mirando ao chao, e que se  refera a sociedade que Deus creara e que os homes tiñan esnaquizada.
 
En moitas ocasións os acontecementos  superan a moitas novelas e son un bo material para levar ao cine. Pois ninguén comprende que os que nos  gobernan actualmente estiveran cobrando sen saber de onde viñan os cartos. Pero sufridos cidadáns, cousas veredes. 
A verdade é que casos coma este están a saír  a luz  con suma frecuencia. E son un exemplo moi negativo para os gobernados e para os demais europeos que nos ven como un país de golfos, ladróns e farsantes. Cando caeron as torres xemelas todos quedamos abraiados pois era o nunca visto. Agora  nesta España de pillos, e nunha dimensión máis modesta, a realidade outra vez supera a ficción.  
 
E o que nos queda por ver.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com