Os escraches e o nazismo

Certo día nunha conversación cuns mozos, por defender unha postura que a eles lles parecía inasumible, arremeteron contra min decíndome que tiña un comportamento ditatorial e nazi. Tomei a resposta como se fora dita sin saber o que significaba e, polo tanto, clasifiqueina como fora de contexto. Logo pregunteille que sabían eles do nazismo. Claro, falaban de oídas e soio dicían obviedades. Pero descoñecían a filosofía do nazismo. Digo eu a terrible e triste filosofía dun movemento político e social que asolou a Europa da primeira metade do século XX.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 21/04/2013

Comparte esta noticia
Pois ben, este comenzo ven a conto polas declaración de dirixentes que como a Sra. Cospedal e Aguirre  fixeron comparando os chamados  escraches contra os políticos que gobernan actualmente, con comportamentos que ela califica de nazis ou, no caso da segunda, como o comportamento de etarras.
 
A verdade é que estas declaración son un tanto extemporáneas e froito dunha asusencia de reflexión sobre o que foi e significou o nazismo na sociedade europea, e xa non digo do legado terrorista de ETA. Pois, si por estar preto da casa du deputado,  dun ministro do goberno reivindicando unha serie de cuestións sociais que son de xustiza,  despois do que leva chovido neste país; despois dos desfalcos económicos e da existencia de leis abusivas das que a banca se aproveita, e que as pagamos todos,  parece que quen así contesta carece da sensibilidade social minima para seguir na política. Pois entendo que, a política, está para buscarlle solucións aos problemas da xente que son os votantes, e non para agravalos.
 
A verdade é que vivimos nuns momentos de certo desconcerto. Pois se a crise que soportamos veu, fundamentalmente, pola avaricia da banca e dos especuladores; veu pola desregulación dos mercados; veu, polo tanto, por consecuencias alleas aos cidadáns, e a gora todos temos que pagala a escote, a pregunta salta á vista: ¿A que ven tanto esacándalo por que lle dean unha pitada a uns deputados ou ministros insensibles aos problemas da cidadanía? A caso mataron a alguén?
 
Vivimos tempos convulsos e incertos, e a cidadanía faise unha pregunta: ¿Existe xustiza social neste país? ¿Funciona a xustiza perseguindo o fraude dos grandes? A caso, non hai uns meses, un señor tocando a campaniña  anunciaba que se mercaran accións moi seguras e que agora son palla  que carecen de valor? ¿A caso, non nos lembramos, da fusión das caixas galegas, onde a xuntanza iba suponer unha gañancia de miles de millóns de euros, e agora non poden pagarlle aos das preferentes? Pero en que país vivimos.
 
Os que nos gobernan síntense molestos porque uns  cabreados lle pitan preto do domicilio. Pois non está ben,  pero, ¿que outra saída lles queda? Aplaudirlle a señora Cospedal.  Modere a linguaxe señora que,  con facer declaración deste calibre,  soio está poñendo pior as cousas. Ou, ao igual cós rapaces que citei ao principio,  vostede non sabe que foi  o nazismo. Pois non insulte ós que están deseperados, que xa boa desgracia teñen con que lle rouben os aforros ou os poñan a vivir na rúa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com