Artigos de X.A. Pérez-Lema

Marcho, que teño que marchar

Na lea ésta do Emérito, dos Borbóns e da Coroa haberán concordar comigo que todo está moi mal organizado.

O PP promove o transfuguismo

A Lei estatal básica de réxime local esixe para presentar unha moción de censura á alcaldía dos concellos a sinatura da maioría absoluta dos membros da Corporación.

A grave responsablidade do Xefe de Estado

Trabúcase quen enxergue libre de culpa a Felipe de Borbón das resultas da devasa construída coa declaración do 15 de marzo último.

Sorpasso e volta ao 1997

É chocante que despois do ciclo aberto polo 15-M en 2011 e pola época do éxito electoral das Marés (eleccións locais de 2015, xerais de 2015 e 2016 e, en boa medida as autonómicas de 2016) os resultados deste 12-X de 2020 sexan cuspidiños aos daquel lonxano 1997, cando Fraga quitou 42 deputados para o PP (os mesmos ca Feijóo arestora), Beiras 18 para o BNG (Ana Pontón rachou onte este récord acadando 19) e Caballero 15 para o PSOE (daquela foi o tío Abel, hoxendía alcalde absoluto de Vigo, mentres que agora o sobriño baixa un empatando a peor marca histórica do PSde G nunhas eleccións nacionais galegas: os 14 de Xaquíbn Leiceaga en 2016).

Concentrarmos o voto alternativo

O debate da CRTVG do 29 de xuño amosou de vez a existencia dunha alternativa plural (tripla) e ben definida fronte ao PP de Feijóo; non son dez partidos- como dixo o dos Peares- os que lle desputan o mandato, senón tres forzas electorais ben estruturadas e definidas e de fasquía distinta, dentro do común progresismo.

Hai partido

As enquisas electorais galegas publicadas no postconfinamento concordan en lle prognosticar ao PP de Feijóo unha cómoda maioría absoluta, que era moito máis dubidosa en febreiro, antes da emerxencia sanitaria. Porén, os dados dos que dispomos non son tan nidios nin unívocos.

A crise constituínte

Que democracia europea pode aturar a grave sospeita de que o seu Xefe de Estado durante 39 anos acadase unha fortuna da colusión comisionista? Que sistema inserido nas democracias dos “países serios” pode aturar a sospeita de que o seu Presidente do Goberno durante catorce anos dese a orde de argallar un grupo de mercenarios-o GAL- para executar crimes de Estado?

Alcoa: dous gobernos inoperantes

O xornalista galego José Luis Gómez ven de explicar a xeito que o problema do proxectado peche da factoría de aluminio primario de Alcoa non é só- nin nomeadamente- un problema de tarifa eléctrica, senón unha decisión que xurde da nova fasquía de Alcoa dende o 2014, orientada estratéxicamente cara a fabricación de motores para a industria aeroespacial e alúmina
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.