Artigos de X.A. Pérez-Lema

Do dereito e do revés

As antigas Caixas galegas, entes fundacionais sen ánimo de lucro, desenvolvían a primeiros deste século varias inicativas sociais para fornecer de atención institucionalizada ás persoas da terceira idade que o precisaban. No 2003 Caixanova e a súa participada, o Banco Gallego, mercaban a empresa Geriatros.

Unión Europea: unha crise de sobrevivencia

A Unión Europea (UE) enfronta a peor crise sanitaria e, en moi poucas semanas, económica dende a fin da segunda guerra mundial. E fronte este repto excepcional amosa falla de capacidade de ollar lonxe, de liderado e de comprensión da excepcionalidade. Velaí que abrollase até de agora, unha resposta lenta, torpe e desartellada.

Coordinación, non Mando Único

Fronte esta pandemia compre colaborar globalmente asumindo as directrices da autoridade científica da Organización Mundial da Saúde (OMS). Precisamos tamén dunha actuación coordinada moi potente dende a Unión Europea e dunha cooperación e coordinación en tempo real en todo o Estado.

Estado de alerta: tarde e moi mellorábel

A aprobación polo Goberno do Estado do estado de “alarma” (alerta, como dicimos en galego) supón unha inédita restrición da liberdade de circulación das persoas, porque tamén é inédito este risco por pandemia. Cómpre darlle todas as oportunidades á poboación máis sensíbel ao virus.

A fin do réxime do 78?

Dirán vostedes que sobreactúo ou falo de máis. Dirán outros que confundo os allos cos bugallos. Mais o cumio do iceberg que estamos a ver a respecto das xestións económicas persoais do Rei Emérito sinala un ponto de non retorno. Claro é que o Rei Xoan Carlos ten dereito á presunción de inocencia, tanto como calquera. Mais a súa garantía de inviolabilidade (só até o 18.06.2014, dende entón é tan imputábel teoricamente como calquera ministro ou deputado) e o bloqueo do tripartito da dereita e do PSOE á Comisión parlamentaria de pescuda pode agravar moi substancialmente a treboada que vai descargar, quer nuns días, quer nunhas semanas ou meses.

Promovermos o galego no eido xurídico

Neste país os administrados e os seus avogados temos pleno dereito ao uso da nosa lingua perante todas as Administracións, dacordo coas leis galega de normalización lingúistica, estatal de procedemento administrativo común e orgánica do poder xudicial e coa Carta Europea das Linguas Minorizadas.

Dignificarmos as penas

A democracia liberal é un réxime de Dereito garantista que prefire, no mal paso de ter que escoller, a impunidade dos culpábeis ao castigo dos inocentes.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.