Artigos de X.A. Pérez-Lema

Afundidos na irrelevancia

As eleccións xerais afundiron aínda máis ao País na irrelevancia política. A convocatoria anticipada de febreiro nun contexto de máxima polarización estatal esixía decisións moi difíciles e inmediatas nos dirixentes políticos de En Marea e BNG.

As súas ideas non son benvidas

Na nosa Galicia somos en xeral respectuosos coas ideas dos demáis, co seu xeito de vida, coas súas lexítimas opcións políticas, ideolóxicas, relixiosas, sexuais...

Votar axenda galega

A axenda galega está desaparecida da campaña, cando o que precisamos é poñela de diante, como van facer os vascos do PNV ou os valencianos de Compromís cos intereses de cadanseus países.

Deféndese o Estado dende os sumidoiros?

Seica dixo Felipe González, noutrora líder disque socialista, que ao Estado cómpre defendelo tamén nos sumidoiros. Dende logo algúns dos seus máis achegados colaboradores (desculparán que non vaia máis aló mentres non haxa probas) aprendéronlles ben a lección. Lembren o GAL.

A liberdade en risco

Ao comezo dos meus estudos universitarios, o profesor de Dereito Natural, Joaquín Almoguera, xa me advertira “Mire, non existe propiamente a Constitución. Existe o Tribunal Constitucional”. Velaí unha verdade temperán, enxergada cando o Alto Tribunal non tiña nin seis anos de vida.

O problema eléctrico da Galicia

Factorías como a fábrica de aluminio de Alcoa en San Cibrao adican o 40% dos seus gastos a pagar a enerxía, o que constitúe unha grave desavantaxe comparativa a respecto doutros países. Galicia é o territorio do Estado con máis incidencia da industria electrointensiva (25% do emprego estatal con case 5.000 empregos directos, cando só representamos o 5,3% do PIB).

ENCE fóra da Ría

Como nos aprende o economista galego Marcelino F. Mallo, só unha ditadura puido obrigar manu militari, no 1958, ás mariscadoras e veciñas da ría de Pontevedra a deixar o seu medio de vida para construir unha celulosa promovida pola empresa pública ENCE. Como tamèn só unha ditadura puido expulsar ás comunidades veciñais da xestión dos seus montes, operando as masivas repoboacións de pinos dos anos 40 e 50 do século pasado, que impediron os usos tradicionais a prol das comunidades e determinaron a emigración de ducias de milleiros.

A chave do medo ao cambio

Vimos de asistir, na Galicia e no resto do Estado, á excepcional mobilización do Día da Muller, alicerzada na súa absoluta centralidade e grande transversalidade, xa que foi quen de xuntar mulleres de distintas opinióna ideolóxicas, xeracións e capas sociais, amosando o que lles unía, mais tamèn a rica pluralidade en matices e propostas dos movementos feministas.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.