"O galego non ten que ser un obstáculo, senón que pode ser unha panca" para o éxito e para que se valore no resto do mundo. O presidente da Agal e mais o secretario da RAG valoran moi positivamente as implicacións do compromiso lingüístico que mostra a pontesa neste concurso de música. O mércores aspira a converterse na gañadora da edición e farao cunha canción en galego, a terceira que interpretará no noso idioma durante a súa estadía no programa.