A cerámica 'de paredes finas' foi das máis famosas no século I d.C. e resultaba case sempre na creación dun recipiente coas paredes moi finas (de aí o nome), liso ou decorado, cuberto ou non cun engobe (técnica usada para decorar as pezas cubríndoas dunha mestura de arxila e auga), e maioritariamente de cor laranxa, máis ou menos brillante.