Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/08/2024 | Actualizada ás 15:00
A lingua de Portugal non naceu exactamente en Portugal. E o Brasil, a principal ex-colonia portuguesa, fala un idioma que cada vez máis se modifica e será chamado nun futuro breve de "brasileiro", e non máis de "lingua portuguesa".
Unha reportaxe da BBC Brasil lembra que a lingua do pobo que construíu o primeiro Estado moderno europeo e deixou nos continentes americano, africano e asiático marcas profundas da súa cultura, naceu en Galicia. Así,o defende o linguista Fernando Venâncio que acaba de publicar no Brasil o libro Assim Nasceu uma Língua (editora Tinta da China).
Venâncio argumenta, apoiado en diversos estudos académicos e rexistros históricos, que o idioma portugués naceu nun territorio do cal soamente unha parte é actualmente Portugal: o Reino da Galiza, fundado o século 5 d.C., tras a disolución do Imperio Romano. Podes ver a reportaxe aquí.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.