A portavoz de Feminismos, Igualdade e Dereitos LGTBI+ de Sumar, Elizabeth Duval, alertou dun PP que a nivel estatal "está a recortar permanentemente dereitos LGTBI e pondo en perigo conquistas". "Somos pioneiras", salientou Marta Lois, quen indicou que Sumar "vén para aprobar e avanzar moito máis alá dos mínimos desa lei" de 2014.