Por Galicia Confidencial | Lorient | 31/07/2019 | Actualizada ás 08:05
Un barco e un autobús da Compañía de transporte da rexión de Lorient levará a imaxe de Galicia. Unha imaxe que encarnan dous bailadores tradicionais galegos; un home e unha muller. Un xesto co noso país que os bretóns teñen dado xa que este ano a 49 edición do Festival Intercéltico de Lorient está adicada a Galicia.
Este barco e este autobús queren, ademais, animar aos participantes a este festival a utilizar os medios públicos. Os dous vehículos de transporte son, ademais ecolóxicos, xa que son impulsados por electricidade. Este evento, o máis importante do mundo celta, terá lugar entre o 2 e 11 de agosto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.