Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/08/2019 | Actualizada ás 11:20
A Garda Civil detivo este xoves 1 de agosto en Cambados (Pontevedra) a un mozo veciño de Vilagarcía de Arousa como presunto autor dun delito contra a saúde pública ao ser sorprendido cun centenar de doses de estupefacientes na vía pública na Festa do Albariño.
Segundo informou o Instituto Armado, a detención produciuse no marco do dispositivo especial de seguridade cidadá establecido pola Garda Civil con motivo das Festas do Albariño que reúne durante varios días "unha considerable cantidade de visitantes", destacan as mesmas fontes, na localidade de Cambados.
O arresto tivo lugar cando unha das patrullas que integraban o dispositivo sorprenderon a este individuo entre un grupo de mozos, no momento que portaba unhas cen doses de cocaína dispostas para a venda.
24 DENUNCIAS
No marco das actuacións orientadas a erradicar a venda, distribución e consumo de drogas, formuláronse 24 denuncias administrativas pola tenencia e consumo de estupefacientes en lugares e establecementos públicos.
Foron identificadas unha trintena de mozos como presuntos autores de varias infraccións como "alteración da orde pública, falta de respecto aos axentes da autoridade por mexar na vía pública, entre outras", sinalan as mesmas fontes.
Así mesmo, dous locais foron denunciados por excederse no horario de peche e varios menores identificados cando consumían bebidas alcohólicas, tendo que ser avisados por iso os seus proxenitores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.