A Xunta mellorará "a visual do peregrino" no Camiño Portugués ao seu paso por Conxo (Santiago)

Procúrase "reducir o tráfico" e facer máis "visibles e identificables" as rutas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2019 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A Xunta concedeu a licitación de "obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Portugués" ao seu paso polo barrio santiagués de Conxo, cun orzamento de 1,6 millóns de euros para "mellorar a visual do peregrino" ao longo deste intinerario.

Así o confirmou a Administración autonómica este domingo nun comunicado, no que explicou que a intervención supón "unha reordenación" do percorrido e que ten como propósito "reducir o tráfico" e facer que as rutas sexan "visibles e identificables".

Entre as reformas planeadas atópase o mosteiro de Santa María de Conxo, na que a Xunta prevé acometer obras para "humanizala" e dotar ao barrio dunha "zona emblemática de acollida e goce de peregrinos e veciños", o que o Goberno galego describiu como a "propia Praza do Obradoiro" do barrio.

Ademais, o Executivo pretende configurar unha praza que se estenda ata o centro social, a escola infantil e o centro de saúde e, ao mesmo tempo quere manter as árbores e o cruceiro actual. Tamén adxudicou reformas nas zonas de carga e descarga e na parada de autobús que se atopan no perímetro do lugar.

Por todo iso, a Xunta sinalou que estas actuacións teñen importancia para o peregrinos pero tamén para os veciños. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar os traballos en setembro e marcouse un prazo de nove meses para terminar as obras. Esta actuación está enmarcada no proxecto para mellorar as entradas das diferentes rutas dos Camiños de Santiago á cidade para o Xacobeo 2021.

Camiño de Santiago
Camiño de Santiago | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ernesto C.

Ata o arco de trunfo do despilfarro xacobeo. 1,6 millóns de euros pra pór bonito un barrio para os pelegríns? Está Galiza como para estas subvencións ós amiguiños do vaticano.