A realidade diaria dun neno galegofalante: “Cando falo en galego pregúntanme porque non falo en castellano”

“Coñezo a moitos nenos e nenas que teñen pais profesores e políticos e din que defenden o galego e logo aos seus fillos fálanlle en castellano”, di Artai na súa canle de Youtube. “En Cataluña non teñen este complexo ignorante coa súa lingua”, apunta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/08/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Artai é un neno galego que utiliza a súa canle en Youtube para narrar o seu día a día como galegofalante. Unha dura realidade que o frustra moitas veces por ter que dar explicacións nunha cidade como A Coruña de porque fala en galego.

Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube
Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube

Por iso, un dos seus últimos vídeos é sobre a “discriminación” que sofre un neno galegofalante en calquera cidade galega e que, di, “se repiten de xeito pesado ao longo de cada día”. “Cando vou aos campamentos da Coruña e falo galego o normal é que me pregunten porque non falo castellano”, di.

Nunca lles parece normal que non fale castellano. E cando lles digo que falo a miña lingua, a lingua da Galiza dinme que non serve para nada e que a lingua de aquí é o castellano”, sinala sobre a súa relación con outros nenos castelán falantes. “Parece que estes nenos analfabetos na nosa lingua non saben que o galego é moi útil para comunicarnos con outros nenos do mundo”, indica.

"PRACTÍCASE UNHA HIPOCRESÍA LAMENTABLE"

Artai tamén critica a “hipocresía” que existe co galego porque di que coñece a a moitos nenos e nenas que teñen pais profesores e políticos que din que defenden o galego “e logo aos seus fillos fálanlle en casteláns”.

Na sociedade galego practícase unha hipocresía lamentable e isto fártame ao máximo”, conclúe case enfadado comparando a situación de Galicia coa de Cataluña. “Por estas cousas comprobo que a sociedade galega non é seria e non ten nada que ver con Cataluña nin ten ese complexo ignorante que teñen aquí coa súa lingua”, indica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

15 Orgulloso de ser Galego

Qué salero ten! Aúpa o menos do noso País e da Nosa Terra! Qué pouco valoran aqueles a Língua Maus tenra e màis doce,a dos nosos devanceiros. Galiza é un país propio,pois ten a sús propia lingus,cultura,paixase e costumes. Orgullosos tiñamos que estar desto. Non credes? Basta xa de tirar piedras contra o noso propio tellado.

14 osdesempre

Deixade de usa-los nenos para facer política, ese non é un canal infantil, senón que é dun lusista.

1 Osneofranquistasdesempre

Ou sexa que un neno ou un adulto que defenda a súa lingua -por certo sen atacar a ningunha outra- fai política? Que comentario máis irracional e diría que propio de un membro do neofranquista partido gobernante na Comunidade Autónoma Galega.

2 Vilardoabade

Lusista?? De onde sacas ti que é lusista? Por sorte non o é... Ademais é de louvar que, como di o anterior comentario, non ten que atacar ningunha língua para defender o galego

13 De Lalín

Noxento video e utilización dun neno que debería estar a xogar ao fútbol ou correndo polo parque en lugar de ser colocado diante dunha webcam para ler un texto seguramente escrito polos seus pais, sen dúbida liberados da CIG ou da U. Coñezo moitos nenos que falan en galego, pero ningún que á súa idade fale de "Galiza" e repita como un lorito todas consígnalas do BNG

1 Galegueiro

En Lalín hai bons cocidos. Tamén parece que hai xentiña cun grande "cocido mental". Galiza é a forma correcta de chamar ao País e está recoñecida na normativa do Galego. Defender a lingua e cultura do País para este con "cocido mental" equivale a ser do BNG. Como se non houbese galeguistas sen partido!

12 Españolistas dades noxo

España di que te mates, este rapaz di que non quere matarse. Que responde a españolada? Pailán, atrasado,... en fin, non compensa este país.

11 Achilipu

Eu penso que a análise de por qué a xente elixe falar castelán ten explicacións máis complexas, antropolóxicas e sociolóxicas, entre outras. Respeto a quen considera isto coma o máis importante, do mesmo xeito que pra min e máis importante ser vegano (non poderemos vivir nun planeta sen recursos naturais, máis si nun planeta sen algúns idiomas) que outras cousas e enfrentome, tamén de Cotío, a incomprensión e cuestionamento, co cal me solidarizo xa que e o mesmo fenómeno cansino que lle acontece a este rapaz. Mais non me parece o mellor chamar ignorante a quen coma carne ou incluso me cuestione, penso que hai razóns culturais que fan que a miña postura sexa minoritaria e acepto que os demais, polo momento, non estean sensibilizados e consideren máis importantes outras cousas. Tamén creo que case con toda seguridade, a influencia do entorno próximo moldea estas eleccións e ideas vehementes sobre a actitude da xente ao respecto do idioma.