A realidade diaria dun neno galegofalante: “Cando falo en galego pregúntanme porque non falo en castellano”

“Coñezo a moitos nenos e nenas que teñen pais profesores e políticos e din que defenden o galego e logo aos seus fillos fálanlle en castellano”, di Artai na súa canle de Youtube. “En Cataluña non teñen este complexo ignorante coa súa lingua”, apunta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/08/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Artai é un neno galego que utiliza a súa canle en Youtube para narrar o seu día a día como galegofalante. Unha dura realidade que o frustra moitas veces por ter que dar explicacións nunha cidade como A Coruña de porque fala en galego.

Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube
Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube

Por iso, un dos seus últimos vídeos é sobre a “discriminación” que sofre un neno galegofalante en calquera cidade galega e que, di, “se repiten de xeito pesado ao longo de cada día”. “Cando vou aos campamentos da Coruña e falo galego o normal é que me pregunten porque non falo castellano”, di.

Nunca lles parece normal que non fale castellano. E cando lles digo que falo a miña lingua, a lingua da Galiza dinme que non serve para nada e que a lingua de aquí é o castellano”, sinala sobre a súa relación con outros nenos castelán falantes. “Parece que estes nenos analfabetos na nosa lingua non saben que o galego é moi útil para comunicarnos con outros nenos do mundo”, indica.

"PRACTÍCASE UNHA HIPOCRESÍA LAMENTABLE"

Artai tamén critica a “hipocresía” que existe co galego porque di que coñece a a moitos nenos e nenas que teñen pais profesores e políticos que din que defenden o galego “e logo aos seus fillos fálanlle en casteláns”.

Na sociedade galego practícase unha hipocresía lamentable e isto fártame ao máximo”, conclúe case enfadado comparando a situación de Galicia coa de Cataluña. “Por estas cousas comprobo que a sociedade galega non é seria e non ten nada que ver con Cataluña nin ten ese complexo ignorante que teñen aquí coa súa lingua”, indica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

10 VIVA ESPAÑA (nah)

Pobre rapaz, ter que vivir iso no seu país falando a súa lingua... iso non pasaba se fósemos independentes e libres de imposicións nacionalistas.

9 Xan d

Pobre neno. Utilizado por su entorno en su provecho político. Rapaz, afortunadamente aquí no hay tantos problemas de convivencia como en la destruida y corrupta sociedad catalana.

1 Galegueiro

Pobres mentalidades españolistas e neofranquistas! Eses fachas si que non falan da corrupción do PP e do que destrue a sociedade galega e española.

8 Españolistas dades noxo

Aquí só gustan os galegos sumisos, Artai, debías matarte como fan todos pra non ferir sensibilidades españolas.

7 anonimo

Moita propaganda vexo aquí. A maneira de falar diste infante notase de contado que non é a propria dun rapaz da sua idade. Se estiveramos a vivir nunha ditadura sen posibilidades de escoller poderian entenderse as reividicacions de tipo linguistico que manifesta o artigo. Vexo que o feito de que o pobo escolla o que queira falar parez alporizar a alguns. Deixade de tutelar á xente sobor o que debe ou non debe falar no seu cotio e que a libertade impere na vida diaria. E engado que non son troll. Son fillo de galegos e coñezo o tema da inmmersion lingüística na Cataluña moito mais que otros por aqui que non saben de que falan.

1 Pitito

Asi quedaches, resentidiño de todo, mesmo contra aqueles que padecen en Galicia o que tis suxires padecer en Cataluña.

2 Alderamin

Quen carallo che quita que fales en galego Pitito. Pero deixa os demais que falen o que queiran sen imposicions. Parezme que o único resentido eres ti por que a sociedade non obedece os teus patrons de conducta.

6 Moine

Sei mais dum caso, e por gentes que passam por pessoeiros na política galega. Se isto acontece no eido dos que dim defender a cultura e a língua galega, imaginemos o que acaece entre os contrários e os que se dim indiferentes a nossa língua e cultura. Agás duns pequeno grupo de homens e mulheres com sentido de dignidade; pode-se afirmar que o povo galego, na sua maioria, está composto por colonizados e acobardados, só basta ler sociologicamente como se vota.