A realidade diaria dun neno galegofalante: “Cando falo en galego pregúntanme porque non falo en castellano”

“Coñezo a moitos nenos e nenas que teñen pais profesores e políticos e din que defenden o galego e logo aos seus fillos fálanlle en castellano”, di Artai na súa canle de Youtube. “En Cataluña non teñen este complexo ignorante coa súa lingua”, apunta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/08/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Artai é un neno galego que utiliza a súa canle en Youtube para narrar o seu día a día como galegofalante. Unha dura realidade que o frustra moitas veces por ter que dar explicacións nunha cidade como A Coruña de porque fala en galego.

Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube
Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube

Por iso, un dos seus últimos vídeos é sobre a “discriminación” que sofre un neno galegofalante en calquera cidade galega e que, di, “se repiten de xeito pesado ao longo de cada día”. “Cando vou aos campamentos da Coruña e falo galego o normal é que me pregunten porque non falo castellano”, di.

Nunca lles parece normal que non fale castellano. E cando lles digo que falo a miña lingua, a lingua da Galiza dinme que non serve para nada e que a lingua de aquí é o castellano”, sinala sobre a súa relación con outros nenos castelán falantes. “Parece que estes nenos analfabetos na nosa lingua non saben que o galego é moi útil para comunicarnos con outros nenos do mundo”, indica.

"PRACTÍCASE UNHA HIPOCRESÍA LAMENTABLE"

Artai tamén critica a “hipocresía” que existe co galego porque di que coñece a a moitos nenos e nenas que teñen pais profesores e políticos que din que defenden o galego “e logo aos seus fillos fálanlle en casteláns”.

Na sociedade galego practícase unha hipocresía lamentable e isto fártame ao máximo”, conclúe case enfadado comparando a situación de Galicia coa de Cataluña. “Por estas cousas comprobo que a sociedade galega non é seria e non ten nada que ver con Cataluña nin ten ese complexo ignorante que teñen aquí coa súa lingua”, indica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

5 uu1

Esta é a realidade da nossa língua, pouco valorada é descriminada. Com um status de “Oficial” garantido pela constituição e o estatuto, mas na realidade com leis e atitudes que em a pratica qualquer poda dizer “hábleme en cristiano, yo no tengo obligación de hablarle en gallego y aquí nadie le va a atender en gallego”. Mas esta nova nunca aparecera nos grandes médios.

1 nostrus

uu1, eres tan intolerante como los ultracatolicos que no se contentan con ser ellos beatos obsesos de Cristo, sino que ademas quieren que los demas tambien sean beatos obsesos de Cristo como ellos. Pues que sepas que el gallego nunca antes estuvo tan protegido, nunca fue lengua de enseñanza hasta ahora y no fue oficial hasta el 78

2 uu1

Meu bom amigo Nostrus, mais uma vez, seus problemas, a intolerância e o supremacismo tenhem uma solução singela, a educação.

4 Españolistas dades noxo

Quen dera que a sociedade galega tivese a vontade de vivir deste rapaz, e non de matarse nun altar chamado España pra nada.

3 Teixeira

2 Viravento

Alén de que teña ou non a razón, abráiame (e asústame) o impropio do seu discurso nun rapaz desa idade. Ídesme poñer a pingar nos comentarios, pero nestas verbas só percibo unha desmedida influencia política da súa entorna. Xusto o mesmo que moitos criticamos na "outra beira". Por non falarmos da exposición mediática do cativo...

1 Gamela

Sobre a "exposición mediática do rapaz" (en castelán) http://gamela00.blogspot.com/2017/0...

2 Viravento

Gamela, non entendo por que queres rebaterme equiparando o meu razoamento con algo co que tampouco estou dacordo nin xustifico...

3 Canal Artai

Claro, aínda voume calar por riba

4 Viravento

Eu non son quen para dicir o cadaquén ten que facer pero, cando un se expón, pode atoparse con que non todo o mundo concorda

5 Catrollos

"Discriminazón que sofre un neno galegofalante coma eu"... "coma min", será "coma min". O discurso desde logo non parece dun rapaz da súa idade e advírtese certa tutela adulta. Non é espontáneo, non cola.

6 Gamela

Viravento, non era para rebater nada, senon para CONFIRMAR as túas sospeitas de que cada día os menores están máis expostos (aínda que a finalidade poda ser boa) a manipulación dos cativos non debera permitirse (polo seu propio ben) ? Saúde

7 Gamela

No hipotético caso de que o Comentario nº3 sexa realmente de Canal Artai , NON non tes que calar en absoluto !!! A túa liberdade de expresión é sacrosanta e tes todo o dereito do mundo a te queixar das preguntas de por que non falas "castellano" etc... Agora ben o único que tamén deberas ten en conta é que cicais sexas moi novo como para comprometer a túa IMAXE PÚBLICA ! Pero se é a túa vontade ADIANTE !!!

8 Viravento

Desculpa, Gamela. Non o entendera correctamente, pero alédame saber que compartimos puntos de vista. Saúde!

9 Resposta ao Viravento

"Viraventos": Defender a lingua propia non é ter un discurso político. Defender a lingua propia deberia ser objetivo educativo de pais e profesores. O anormal educativamente é pasar da propia lingua. "Catrollos", nunca mellor dito, os rapaces de agora son por sorte máis intelixentes e están mellor preparados que os do tempo do franquismo ou do fraguismo. Parece que amola que un neno diga as verdades a adultos e á maioría dos nenos adoutrinados pelas familias no desleixo ou odio ao Galego. Espero moitos videos como este, de adultos e nenos, para fagar cambiar dunha vez a sociedade galega.

10 Viravento

Xusto a isto me refería (cito o último comentario): "...amola que un neno diga as verdades a adultos e á maioría dos nenos adoutrinados pelas familias no desleixo ou odio ao Galego". Os da "outra beira" son maioritariamente adoctrinados e os nosos non? Acaso iso non é politizar? Xa non vou facer referencia a otros comentarios posteriores bastante máis despectivos porque non o merecen... Realmente agardades que sexamos quen de construír así un nacionalismo relevante, no que se sinta identificada a meirande parte da sociedade galega?

11 Canal Artai

O comentario número 3 si que é Canal Artai,(se qures escíbeme polo meu canal de youtube para demostralo) é a miña vondade fiixen o Canal porque hai millóns de canais de youtube e en galego so hai 30.O canal non é novo levo 3 anos con él e tamen fago humor e gameplays

1 Boubeta

Ánimo, Artai, es o mellor exemplo de que nunca poderán rematar coa nosa lingua. Ogallá houbese moitos máis Artais coma ti en todos os concellos galegos e coas ideas tan claras e lúcidas. Ti es dos bos e xenerosos do Clan de Breogán!