Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 09/09/2019 | Actualizada ás 11:47
Con epicentro nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), pero con actos tamén noutras localidades da zona, este luns inícianse varios actos para demandar a reactivación da central térmica que a empresa Endesa ten nesta localidade e que leva máis de catro meses paralizada, debido aos custos ambientais que suporía a súa posta en marcha, segundo a súa propietaria.
Así, este luns, a partir das 20.00 horas, celebrarase unha asemblea na praza situada nas inmediacións da capela da Carmen, na que se procederá á lectura dun manifesto en defensa dunha transición enerxética "gradual e menos prexudicial para os sectores afectados".
Unha vez concluída, o colectivo de camioneiros encargados de realizar o transporte do carbón desde o porto exterior de Ferrol ao parque de carbóns de Saa dividirase en tres grupos e encerrásense nos concellos das Pontes, Ferrol e Vilalba, onde pasarán toda a noite.
Por outra banda unha delegación de varios alcaldes, ademais de representantes de asociacións empresariais, de transportistas, do comité de empresa e de sindicatos teñen previsto desprazarse a Madrid para manter este martes, 10 de setembro, unha reunión coa ministra de Transición Ecolóxica en funcións, Teresa Ribera, á que darán traslado dun manifesto que asinaron en xullo un total de 21 alcaldes demandado medidas para posibilitar que a maior planta térmica de todo o Estado poida seguir producindo.
MOBILIZACIÓNES EN SANTIAGO E A CORUÑA
Tamén está programada unha concentración cidadá o vindeiro venres, 13 de setembro, a partir das 12.00 horas, en Santiago, ante a sede da Xunta, mobilización que se repetirá na cidade da Coruña o 16 de setembro, pero nesta ocasión ante a Subdelegación do Goberno.
O calendario de mobilizacións finalizará o día 19, cando está programada unha manifestación pola tarde, desde as 19.00 horas, polas rúas das Pontes, cunha folga xeral na industria auxiliar de Endesa e chamamento de peche do resto de empresas e comercios mentres dure a mobilización.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.